Deputación de Lugo

Deputación e Concello colaboran coa Asociación Carballeira de Nadela na recuperación de zonas verdes

Imaxe deputación de lugo
A Xunta de Goberno deste venres aprobará un convenio de colaboración co Consistorio e o colectivo de Nadela para a delimitación da carballeira para evitar o seu deterioro e na construción dun cobertizo de madeira para a venda de pulpo

A Deputación de Lugo aprobará, na Xunta de Goberno deste venres, un convenio de colaboración entre o organismo provincial, o Concello de Lugo e a Asociación Carballeira de Nadela, para a recuperación deste espazo verde da capital luguesa, escenario de numerosas feiras e actividades ao longo do ano.

O convenio, dotado con 48.394 euros que aporta a Deputación, permite a delimitación desta zona verde para evitar o seu deterioro, así como a construción dun cobertizo de madeira, que servirá para e venda de pulpo durante as feiras que alí se celebran.

A carballeira atópase dividida actualmente en dúas zonas, separadas por un vial de acceso. Grazas ás actuacións contempladas neste convenio, quedarán delimitadas as dúas marxes deste vial, de xeito que se impida o acceso de vehículos ao interior destas dúas zonas verdes evitando futuros danos. Esta separación realizarase con preto de 100 bolardos de madeira tratada, cunha separación entre cada un deles duns 1,5 metros.

Un novo cobertizo para as feiras
Por outra banda, o futuro cobertizo de madeira que se contruirá pasará a formar parte do conxunto de edificacións existentes no interior da carballeira de Nadela, que servían tradicionalmente de puntos de venda durante a feira que nela se celebra, as cales foron restauradas recentemente para darlles ese mesmo uso.

Este cobertizo, destinado a punto de venda de polbo durante ditas feiras, constará dunha estrutura de madeira de castiñeiro e cuberta de pizarra, a cal quedará instalada sobre 10 piares de canteiría en granito, asentados nun pavimento de formigón. A superficie desta edificación será duns 12x8 metros.

Outras melloras
Ademais, no punto máis baixo da carballeira soe acumularse auga procedentes das chuvias, executaranse unha canle e dous pozos de rexistro, un a cada lado do vial, que recollerán o auga e a canalizarán.