Deputación de Lugo

CANDIA TRASLADA Á MINISTRA DE FOMENTO AS PRINCIPAIS NECESIDADES EN INFRAESTRUTURAS DA PROVINCIA

A titular do Goberno provincial defende que a forma máis correcta detraballar é “a coordinación entre administracións”A presidenta da Deputación agradece a Ana Pastor o seu compromiso con Lugo, materializado en obras como a que se inaugurou hoxeCandia transmitiu o seu interese, entre outras que vertebran a provincia, por infraestruturas como a autovía de San Cibrao a Barreiros ou a N-634 e a N-642

Lugo, 17 de setembro de 2015.- Apresidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo esta tarde un encontrocoa ministra de Fomento, Ana Pastor, no que abordaron diversos asuntosrelativos ás infraestruturas de interese prioritario para a provincia lucense.Esta reunión responde a unha petición da titular do Goberno provincial paratrasladar á responsable do Ministerio de Fomento as principais necesidades doslucenses.

Durante a xuntanza mantida estatarde a presidenta transmitiulle o seu interese por un importante número deinfraestruturas que vertebran a provincia, entre as que se atopan, entreoutras, a autovía de San Cibrao a Barreiros, ou as obras na N-634 e N-642.Candia engadiu que este encontro permitiulle coñecer de primeira man o procesono que se atopan estas actuacións e o compromiso existente por parte doMinisterio de Fomento con Lugo.

“De xeito coordinado deunos ainformación ademais de tranquilizarnos xa que hai compromisos claros edecididos para solucionar as actuacións que enumerei, principalmente, ademaisdas de outras demandas”, explicou a presidenta da Deputación quen engadiu que oGoberno do Estado continúa deste xeito “cumprindo coa provincia de Lugo e oexemplo máis claro vese materializado nas obras que se inauguraron hoxe”.

Candia defendeu que a forma máiscorrecta de traballar é a da “coordinación entre administracións” ao tempo queagradece a visita da Ministra de Fomento “á casa de todos, á Deputación deLugo”.