Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO ESTUDA FÓRMULAS DE APOIO A CONCELLOS E ENTIDADES QUE COLABOREN NA ACOLLIDA DE REFUXIADOS

Imaxe deputación de lugo
Elena Candia pon a disposición do Goberno Central e Autonómico a mellor actitude para, dentro das súas posibilidades, ofrecer os recursos necesarios, na acollida de refuxiados A presidenta do Ente Provincial opta por seguir a estratexia dos Gobernos Central e Autonómico e pon a disposición dos mesmos os recursos desta Institución Candia manifestou que esta situación precisa dunha actuación conxunta, que debe ir planificada, e insistiu en que as Institucións teñen que sumar esforzos para devolverlle a estas persoas a dignidade que, como cidadáns,  lles corresponde

Lugo, 05 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou hoxe que o Organismo provincial está estudando fórmulas de apoio e axuda para todos aqueles municipios e entidades sociais que decidan colaborar na acollida de refuxiados.
Consciente da realidade e da dura situación que están vivindo estas persoas, Elena Candia avanzou que pon a disposición do Goberno Central e Galego, a mellor actitude para, dentro das súas posibilidades, ofrecer os recursos necesarios das que dispón o Ente Provincial para apoiar nesta labor humanitaria  e seguindo unha estratexia de traballo conxunta.
“A Deputación de Lugo non vai escatimar esforzos ”- adiantou Candia, quen engadiu que esta dramática realidade precisa dunha actuación conxunta, que debe ir planificada, e insistiu na importancia de sumar esforzos dende as Institucións para devolverlle a estas persoas a dignidade que lles corresponde como tales.