Deputación de Lugo

Arranca a cuarta tempada de visitas didácticas á TIC para achegar as novas tecnoloxías aos mozos lucenses

- Alumnos do CPI Dr. López Suárez de Escairón inauguraron o programa que inclúe a presentación duninformativo de televisión con noticias dos Concellos de cada centro- No curso 2014-2015 preto de 1.400 estudantes de primaria e secundaria daprovincia coñeceron as instalacións e o labor da TIC - Os centros interesados en participar poden contactar coa Fundación através do número de teléfono 982206225

A Fundación TIC inaugurou a cuarta tempada devisitas didácticas que teñen por obxectivo achegar as novas tecnoloxías aalumnos de primaria e secundaria, así como darlles a coñecer o traballo que desenvolvea TIC e informalos dos estudos que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o únicocentro público na provincia de ensino superior da rama audiovisual.

O primeiro grupo foi do CPI Dr. López Suárez deEscairón (O Saviñao). 38 alumnos de 1º e 3º de ESO, acompañados de tresprofesores, percorreron as instalacións e presentaron o primeiro Ticodiario datempada, que este ano inclúe noticias relacionadas coa promoción dos Concellosdos centros participantes. Neste caso, a noticia que presentaron os alumnosdestacaba O Saviñao como parte da Ribeira Sacra e súa candidatura a serdeclarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Unha televisión por dentro

Durante a visita, os rapaces coñeceron de preto otraballo diario dun estudo de televisión, coma a produción, edición,realización e postprodución de audiovisuais. Ademais, recibiron informaciónsobre as especialidades de Realización e Produción que imparte a EIS, así comodos medios dos que dispón para a formación teórica e práctica do seu alumnado.

 

Durante o curso 2014-2015 preto de 1.400 alumnos centrosde primaria e secundaria da provincia, divididos en 53 grupos, participaron nasvisitas didácticas ás instalacións da Fundación. Dende que comezaron osTicodiarios, en febreiro de 2013, houbo un total de 103 visitas. Os centrosinteresados en participar na nova tempada, poden apuntarse chamando ao númerode teléfono 982 206225.