Deputación de Lugo

O VALEDOR DO POBO REXEITA A QUEIXA PRESENTADA POLOS SOCIALISTAS SOBRE A PUBLICACIÓN DO PATRIMONIO DOS DEPUTADOS NA WEB DA DEPUTACIÓN

O Valedor do Pobo notifica por escrito que non se aprecia a irregularidadeque denunciaron os socialistas sobre a publicación das declaracións anuais debens e actividades dos representantes locais Esta notificación demostra “a falta de rigor” do PSOE á hora de facer oposición e evidencia que “o nerviosismo é o único que move aos socialistas que non entenden de límites morais no cumprimento das súas funcións”A Xunta de Goberno aprobou o abono da paga extraordinaria aos traballadores da Deputación equivalente a 48 días e máis adxudicou o Audio A8, aceptando a permuta por outro vehículo que será doado a unha entidade socialA Deputación tamén iniciou o proceso de contratación da iluminación do paseo do Rato e da estrada LU-P-2925, cun orzamento de licitación de 1.364.913,30 euros.

Lugo, 02 de outubro de 2015.- O Valedor do Pobo rexeita aqueixa presentada polo Grupo Provincial Socialista sobre a publicación dasdeclaracións anuais de bens e actividades dos deputados. O valedor notificoupor escrito que non se aprecia ningunha irregularidade nos prazos que seguiu oGoberno da Deputación para facer pública esta documentación. Así o dixo estamañá a presidenta, Elena Candia, durante a rolda de prensa celebrada tras aXunta de goberno.

Tal ecomo resumiu Elena Candia, o Valedor “notificounos por escrito, unha vez que oPartido Socialista fai a denuncia, unha vez que e a Deputación manda osinformes e as contestacións pertinentes”, que non se aprecia a irregularidadeque denuncia o PSOE. Para emitir esta queixa, os socialistas baseábanse naobriga das administracións locais de cumprir a lexislación relativa átransparencia. Pola contra, o Valedor do Pobo deixa claro que as entidadeslocais contan aínda cun prazo de dous anos para adaptarse a ditas obrigas,malia o que a Deputación de Lugo xa as está a cumprir.

Defeito, o informe remitido polo Valedor confirma que, non só “(…)non se apreciaa irregularidade que se alega na queixa (…)”, senón que “(…)polo contrario, apublicidade activa respecto das declaracións de bens e actividades dosrepresentantes locais déronse de forma anticipada á existencia dacorrespondente obriga derivada da nova lei de transparencia”.

Devolución da paga extraordinaria aos traballadores

AXunta de Goberno tamén aprobou o abono da paga extra de decembro de 2012,equivalente a 48 días da extraordinaria e pagas adicionais, a todos ostraballadores da Deputación, tanto persoal funcionario como laboral. Acantidade total destinada a este fin é de 245.652,27 euros, e o abonoefectuarase en nómina separada, antes da do próximo mes de outubro.

Adxudicado o Audi A8

Outrodo asuntos incluídos na orde do día desta Xunta de Goberno foi a adxudicacióndo Audi A8, que fora coche oficial do anterior presidente, José Ramón GómezBesteiro, e que o actual Goberno provincial decidiu vender, nunha das primeirasmedidas adoptadas á súa chegada a San Marcos, á vista do que Elena Candiadefiniu no seu momento como “derroche”.

Hoxe,o vehículo foi adxudicado tras un proceso de oferta en sobre pechado, aceptandoa permuta por un Peugot modelo Partner Tepee Outdoor 16 HDI, un vehículo novo,sen quilometraxe. Estase a estudar a súa entrega a unha entidade social.

A Deputación iluminará o paseo do Rato

Apresidenta da Deputación tamén deu conta do inicio do proceso de contrataciónda iluminación do paseo do Rato e da estrada LU-P-2925, en base ao proxectoredactado pola Axencia Provincial da Enerxía. O proxecto prevé a adopción demedidas de eficiencia enerxética e conta cun orzamento de licitación de1.364.913,30 euros.

Esteproxecto dotará de servizo de alumeado público a unha área de esparcemento quea día de hoxe carece de dito servizo, ao tempo que aumentará a seguridade dosusuarios, tanto conductores como peóns, da estrada provincial que discorreparalela ao mesmo.

Estasería unha das propostas que Candia trataría coa alcaldesa da localidade nareunión entre as titulares das dúas institucións e que a rexedora localsuspendeu nunha mostra de “falta de respecto institucional” e de“irresponsabilidade”.

Outros asuntos

Entreoutras cuestións aprobadas polos membros da Xunta de Goberno provincial,estiveron a aprobación dun trámite relacionado co Ben Empregado. Trátase, enconcreto, da dación de conta da adxudicación de cinco perfís deste plan deemprego que no seu momento quedaron desertos, ben por renuncia do traballadorescollido en principio ou ben por que este non superou o período de proba.

Igualmente,aprobouse a listaxe de 21 novas empresas do Ben Empregado I, logo da renuncia ásubvención doutras tantas que foran beneficiarias nun primeiro momento.

Finalmente,aprobáronse propostas de rectificación e complementos de expedientes expropiatorios de obras nos concellos dePortomarín e O Corgo; ademais de aprobar unha addenda ao convenio decolaboración entre a Deputación e o Concello de Pedrafita na que se amplía oprazo de execución, ata o 30 de novembro. “Estamos ante unha mostra do compromisoda Deputación con todos os concellos da provincia, aos que está a facilitar ostrámites para garantir que non perdan as subvencións concedidas”.