Deputación de Lugo

O GRUPO DE GOBERNO PROPÓN QUE A DEPUTACIÓN LIDERE UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A DIVULGACIÓN DO LABOR DAS IRMANDADES DA FALA POLO SEU CENTENARIO

Imaxe deputación de lugo
O Grupo Popular levará esta iniciativa ao pleno do próximo martes coobxecto de lograr un acordo conxunto de todas as forzas políticas na defensa dalingua galega e no impulso ao seu recoñecemento pola súa contribución ásociedade galegaArmesto defende a importancia de desenvolver esta iniciativa dado o peso que tivo a provincia dentro das Irmandades Fala: varios dos seus membros máis destacables eran lucenses e a súa primeira asemblea celebrouse en LugoA iniciativa dos populares tamén insta á Xunta de Galicia a que o vindeiro 2016 sexa declarado oficialmente como Ano das Irmandades da Fala

Lugo, 23 de setembro de 2015.- Ovoceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, adiantou esta mañá amoción que o Grupo Popular presenta para o seu debate no pleno do próximomartes e a través da que os populares propoñen que dende a administraciónprovincial se estableza un programa de actividades propio en “homenaxe erecoñecemento ás Irmandades da Fala”, co gallo do centenario da súa fundación.

O voceiro dos populares defende anecesidade de que a Deputación de Lugo lidere esta iniciativa dada aimportancia e peso que a provincia tivo dentro das Irmandades da Fala conagrupacións locais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo. Amais,moitos dos seus membros máis salientables eran lucenses. Entre estes nomes,destacan, segundo citou Armesto, Antón Vilar Ponte (Viveiro); Ramón Vilar Ponte(Viveiro); Antonio Noriega Varela (Mondoñedo) e Luís Porteiro Garea (Lugo).

O deputado provincial e voceirodos populares no Goberno agarda que no próximo pleno se logre a unión de todasas forzas políticas na defensa desta proposta e, deste xeito, se acade unacordo unánime para que a Deputación de Lugo estableza o programa deactividades conducentes a divulgar en toda a sociedade lucense o coñecemento do“encomiable labor desta organización”.

Armesto expuxo que As Irmandadesda Fala “son merecedoras do respecto e do recoñecemento de todos os lucensespola súa contribución impagable á defensa, exaltación e fomento da lingua e dacultura galegas”, polo que, e tendo en conta o espírito inclusivo e plural dasIrmandades da Fala, “unha das mellores homenaxes que se lle pode facer é o daunión de todas as forzas políticas na defensa da lingua e no impulso ao seurecoñecemento”.

A moción presentada polospopulares tamén solicita instar á Xunta de Galicia a que o vindeiro ano 2016sexa declarado oficialmente como Ano das Irmandades da Fala, en coherencia coacordo unánime do conxunto das forzas políticas aprobado no Parlamento galego,“e que asumimos como propio”, explica Armesto,