Deputación de Lugo

Campos presenta ante o alumnado da EIS a Dani de la Torre como “exemplo de lucense que trunfa no mundo do cine”

- O Presidente daFundación TIC inaugurou oficialmente o curso 2015-2016 xunto ao director de El desconocido nun acto que estivoaberto ao público- Campos anunciou que“seguiremos destinando parte dos nosos recursos á matrícula gratuíta, que xa oleva sendo 8 anos, para garantir a igualdade de oportunidades”- De la Torre mantivoun encontro cos alumnos no que se proxectou un vídeo sobre como se fixo El desconocido, co que debutou congrande éxito coma director de longametraxes

O Presidente da Fundación TIC eda Deputación, Darío Campos Conde, e o director de cine monfortino Dani de laTorre inauguraron este xoves o curso 2015-2016 da Escola de Imaxe e Son (EIS), oúnico centro da provincia que imparte ensinanzas superiores da ramaaudiovisual. No acto, que estivo aberto ao público, Campos destacou ante oalumnado a traxectoria de Dani de la Torre, “un lucense coma vós, que tamén estudoununha Escola de Imaxe e Son e que está a ter moito éxito con El desconocido, a súa primeiralongametraxe coma director”.

No seu primeiro acto oficial comoPresidente da TIC, Campos afirmou que De la Torre “é un excelente exemplo decomo con talento e traballo poden levarse adiante, desde Galicia, proxectos domáximo nivel internacional. Seguro que o camiño non foi doado, pero con esforzoacádanse moitos obxectivos”. Neste senso, apuntou que “esforzo e gañas deaprender é, precisamente, o que vos pedimos para que aproveitades ao máximoeste curso”.

Igualdadede oportunidades

Darío Campos anunciou que “a Fundación TIC seguirá dedicando parte dosseus esforzos económicos á gratuidade da matrícula da EIS, que xa o levan sendo8 anos. Queremos que todos os mozos e mozas que teñan vocación e interese nomundo audiovisual poidan acceder a unha formación de calidade en igualdade decondicións”. Dende a Fundación TIC, “poñeremos a vosa disposición todos osmedios necesarios, con docentes cualificados e técnicos docentes auxiliares,que aportan a súa experiencia profesional ”.

Proxectogalego a nivel de Hollywood

Dani de la Torre, que xa impartiu hai uns meses unha masterclass na EIS, expuxo a súa experiencia como realizador dediversos programas da TVG, e como guionista, montador e director decurtametraxes. Pero o encontro que mantivo co alumnado centrouse especialmente en“El desconocido” e proxectouse un vídeo de como se fixo. Esta película -con 2,5millóns de euros de presuposto, rodada na Coruña, protagonizada polos galegosLuis Tosar e Javier Gutiérrez e producida por Vaca Films- é un thriller psicolóxico, trepidante, arriscado e tecnicamente moicomplicado, coas últimas técnicas empregadas en Hollywood.

De la Torre é un director,realizador e guionista nacido en Monforte de Lemos en 1975. Desde 1996 traballana Televisión de Galicia, onde actualmente é realizador de promocións, despoisde ter dirixido programas nas áreas de deportes, cultura e lecer. Compaxinaeste labor coa dirección de curtametraxes, publicidade e videoclips. A súa exitosa traxectoria coma curtametristapermitiulle dirixir en 2010 a miniserie Marlibre galardoada en festivais tan prestixiosos coma os Houston ou Chicago. El desconocido supuxo o seu debut noformato de longametraxe.