Deputación de Lugo

O GOBERNO PROVINCIAL PON EN COÑECEMENTO DO MINISTERIO FISCAL AS IRREGULARIDADES DETECTADAS NA XESTIÓN DE BESTEIRO SOBRE A OBRA DO EDIFICIO DA UNED EN LUGO

Imaxe deputación de lugo
Os populares xa fixeran públicas as circunstancias apreciadas no expedientedesta obra, (adxudicada por 959.684,88 euros e cun orzamento final de 2,022millóns de euros), as cales consideran necesario remitir á Fiscalía para, si oconsidera oportuno, ordene as dilixencias de investigación que estimenecesarias para a defensa da legalidade O voceiro dos populares lembra que no expediente atópanse anomalías no procedemento administrativo, falta de xustificación na adxudicación das obras, incumprimentos de prazos e incluso un desfase orzamentario do 110%Armesto considera que á vista deste expediente “queda acreditada a nefasta xestión que o líder dos socialistas fixo dos recursos públicos de todos os lucenses mentres estivo á fronte da Deputación”

Lugo, 05 de outubro de 2015.- O voceiro da Deputación de Lugo,Carlos Armesto, explicou hoxe que o Goberno provincial decidiu enviar oexpediente das obras do complexo do Miño para destinalo a Sede do CentroAsociado da Uned en Lugo ao Ministerio Fiscal, tras detectar múltiplesirregularidades na xestión que Besteiro fixo sobre esta obra. Os populares destaparonanomalías no procedemento administrativo, incumprimentos no prazo de execucióndas obras, falta de xustificación á hora de adxudicar os traballos e incluso undesproporcionado desfase orzamentario do 110%. O voceiro do Goberno asegura queá vista deste expediente “quedaacreditada a nefasta xestión que o líder dos socialistas fixo dos recursospúblicos de todos os lucenses mentres estivo á fronte da Deputación”

Armesto explica que o Gobernopopular remitirá un escrito a este Ministerio Público para poñer no seucoñecemento todos os datos e documentación que obran no seu poder a fin de que,se o considera oportuno, e a vista dos feitos e consideracións nel contidas,practique as dilixencias de investigación que estime necesarias sempre nadefensa da legalidade. O voceiro dos populares lembra que os socialistasdeixaron unha obra, cuxo proceso deixa entrever importantes dúbidas, conirregularidades administrativas, variacións orzamentarias, e na que noncumpriron cos prazos establecidos. 

Falta de claridade no proceso de adxudicación

O voceiro dos populares xa fixerapúblicas importantes anomalías detectadas no procedemento administrativo daobra, na que se deu un proceso de contratación “escuro e en cuxo expedientefalta documentación”. Así, exclúense empresas do procedemento de selección senmotivar a causa desta exclusión ata o punto de que existe unha dilixencia nacal se manifesta que unha oferta foi aberta e pechada posteriormente con celo. Ademais,á vista da documentación que obra no expediente, a empresa adxudicataria nonpresentou nin a relación de medios materiais, nin persoais, nin plan detraballo, nin prazo de execución a pesar de que o informe técnico valora estestermos. Incluso, a unha das empresas presentadas ao proceso non se lle valoraronas melloras, o que a leva a deixar deser a oferta máis vantaxosa. De igual xeito, o prego de condicións nonestablece cantos puntos se poden obter por cada criterio nin como se repartenos puntos e o que si establece é que deben formar parte do contrato o prego, afianza definitiva, o plan de traballo e as melloras ofertadas e na copia doexpediente non se anexa ningún deste documentos.

Anomalías administrativas

Armesto tamén lembra que ocontrato se adxudicou fóra do prazo máximo que establece a lei, ao igual que oproxecto. A empresa adxudicataria presentou ata un total de tres proxectos(novembro de 2011, marzo de 2012 e agosto de 2013). Neste senso, hai que ter enconta que se o primeiro proxecto foi o que serviu de base ás autorizacións edespois executouse o do ano 2013, polo que pódese considerar incluso unincumprimento da autorización sectorial e polo tanto da licenza. Ademais,prazos de ampliación da execución da obra propostos e aprobados non estánclaros. De todos xeitos, coa última data de finalización do prazo de execuciónda obra quedaban sen executar o 45,82% da obra, pese a tratarse dun expedienteque se apertura en maio de 2011.

As sospeitas, segundo recorda ovoceiro dos populares, tamén se aprecian nunha “clara manipulación orzamentariaen nun desfase presupuestariodesproporcionado dun 110%, alterando cifras para dar unha impresión de totalnormalidade. Deste xeito, unha obra que se adxudicou por un importe de959.684,88 euros, e tras a presentación de tres proxectos, o último deles é odobre do orzamento inicial (2.022.139,10 euros). No expediente non queda clara a motivacióndeste desfase orzamentario”.