Deputación de Lugo

Normalidade na rede viaria provincial da Deputación

Imaxe deputación de lugo

Os efectivos postos en marcha pola Deputación de Lugo restableceron a normalidade na rede viaria provincial logo de dúas intensas xornadas atendendo ás incidencias provocadas polo paso do temporal que afectou a toda a xeografía galega, así como pola neve no caso dos Concellos da Montaña.

A Deputación mobilizou durante as últimos dous días máis de 30 operarios e 15 máquinas para despexar de neve as estradas e restablecer a normalidade á rede viaria. As máquinas que se empregaron para restablecer a normalidade nas estradas foron 6 quitaneves; 3 todoterrenos; 3 tractores e 3 vehículos de apoio con material mecánico.

Os Concellos máis afectados foron Baleira, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela. Neste momento, pódese circular sen problema por todas as vías destes Concellos lucenses.

Malia que a situación atmosférica deu hoxe un respiro, tanto o dispositivo invernal como o resto do operativo da Deputación de Lugo permanecen activados para actuar coa máxima axilidade en casos da chegada dun novo temporal ou sucesos puntuais, conservar e manter en perfectas condicións a rede viaria provincial.