Arrancan os traballos na Ponte do Bizarro derribada en Trabada
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_12979_1.jpg)
A Deputación puxo en marcha os traballos na Ponte do Bizarro derribada onte en Trabada. A institución está a levar a cabo as tarefas de retirada dos escombros, que se prolongarán durante esta semana. Simultaneamente, está a redactar o proxecto de mellora desta infraestrutura. Unha vez rematado, será remitido á Confederación Hidrográfica do Cantábrico para obter o permiso legal imprescindible co que executalo. As previsións dos técnicos é facelo nos vindeiros días. O organismo provincial inviste nestas obras 150.000 euros. O prazo de execución é de 2 meses.
Onte mesmo, habilitáronse rutas alternativas, pois a estrada onde se sitúa a Ponte de Bizarro é unha das máis empregas ao comunicar Trabada con Santirso de Abres e a N-640. Estas son as seguintes: a LU-P-6102, de Pontepedrido por Vilaformán a Trabada; a LU-132 Lourenzá-Vilafernando ou a LU-P 6101 de Pedrido por Sante a A Ría.
Os técnicos confirmaron que o derribamento desta infraestrutura motivouse pola súa construción, no 2001, sobre outra ponte existente. Ademais, non se empregaron os materiais axeitados.