Deputación de Lugo

A Deputación impulsa o estudo da biomasa forestal e bioenerxía en Galicia, co ciclo de conferencias Luís Asorey

- Faino en colaboración coa Real Academia de Ciencias Galegas e USC co fin de sentar bases e afondar nos modelos enerxéticos sostibles para o futuro da provincia e do pais
- Sonsoles López destacou “ a importancia que ten a biomasa na provincia, que servirá tamén para impulsar o desenrolo económico do sector forestal, así como dos secundarios”
- Os interesados en participar neste ciclo de conferencias gratuítas deberán  cubrir e presentar o formulario que se atopa no rexistro xeral da entidade

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Membro da Real Academia de Ciencias, Antonio Rigueiro, presentaron este luns a 26º edición do ciclo de conferencias Dr. Luís Asorey García, que organiza a Real Academia en colaboración coa institución provincial e USC. Nesta edición, o tema central das 7 charlas e conferencias, que terán lugar no Salón de Actos da Deputación entre os días 16 e 25 de novembro, versará sobre a biomasa forestal e bioenerxía en Galicia.

Sonsoles López Izquierdo salientou que o organismo provincial colabora con esta iniciativa que se leva celebrando dende 1985 porque “afonda en aspectos moi interesantes para o desenvolvemento da nosa provincia, como é o aproveitamento da biomasa como fonte de enerxía limpa e que servirá para impulsar o desenrolo económico deste sector forestal, así como dos secundarios”. Nesta liña López Izquierdo destacou que “a biomasa é un combustible renovable e que produce enerxía limpa e y segura; que diminúe as emisións que contribúen a crear efecto invernadoiro; evita a dependencia enerxética dos combustibles fósiles e é unha forma clara de reciclaxe e xestión de residuos”.

López destacou que “ca grave problemática que temos non só na provincia, senón no país, cos incendios forestais a xestión da biomasa axudará a limpar os nosos montes, evitando así a proliferación de lumes”. A Deputada tamén quixo establecer a bioenerxía como “un dos posibles camiños de futuro para xerar riqueza e emprego, impulsando un tecido empresarial estable en sectores como o forestal, máis tamén no enerxético e no agrícola”.

Pola súa banda, Antonio Rigueiro, agradeceu a colaboración da Deputación e o compromiso que ten o organismo provincial coa Real Academia de Ciencias na organización deste ciclo de conferencias, que “axudarán a favorecer o desenvolver de xeito sostible do patrimonio natural do país”. 

O prazo de inscrición está aberto. Os interesados en participar no ciclo de conferencias Luís Asorey que terá lugar no Salón de Actos da Deputación, deberán cubrir e presentar no Rexistro Xeral o formulario que alí se encontra.

Programación gratuíta
O Ciclo de Conferencias Luís Asorey, adicado á memoria deste prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante gran parte da súa vida en Lugo, versará nesta ocasión sobre a biomasa forestal e bioenerxía en Galicia. As xornadas informativas, completamente gratuítas para os participantes, terán lugar entre o 16 e 19 e 23 e 25 de novembro no Salón de Actos da Deputación, todas en horario 19:00 a 21:00 horas.

Luns, 16 de novembro
Biomasa forestal residual en Galicia, a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez; Enxeñeiro de Montes e Catedrático do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.

Martes, 17 de novembro
Sector da Biomasa como oportunidade económica e medioambiental: A estratexia de impulso 2014-2020, a cargo do Enxeñeiro Técnico Industrial e Licenciado en Máquinas Navais e Máster en Enxeñería Mecánica; D. Emérito Freire Sambade

Mércores, 18 de novembro
Uso Enerxético da Biomasa: Exemplos en Galicia, a cargo do Enxeñeiro de Montes e Director da Asociación Forestal de Galicia, D. Francisco Dans del Valle.

Xoves,19 de novembro
Biocombustibles Sólidos, a cargo do Catedrático da área de Enxeñaría Agroforestal do Departamento de Enxeñería dos Recursos  Naturais e Medio Ambiente da Uvigo; D. Luís Ortiz Torres.

Luns, 23 de novembro
Instalacións de Uso Térmico doméstico e en Edificios Públicos, a cargo do Enxeñeiro Técnico Industrial e Presidente de ISEMPA e BIOPALAS, D. José Otero Gavieiro.

Martes, 24 de novembro
Xestión forestal e produción de biomasa, a cargo do Enxeñeiro de Montes, e Caterético do Departamento de Produción Vexetal da USC, D. Roque Julio Rodríguez Soalleiro.

Mércores, 25 de novembro
Biocombustibles líquidos e gasosos a partir de biomasa, o Dr. En Ciencias Químicas e Profesor Ad-Honorem do Departamento de Enerxía Química da USC.