Deputación de Lugo

Campos Conde coñece as instalacións de AVIFAUNA, parque zoolóxico co que colabora a Deputación

Imaxe deputación de lugo
- AVIFAUNA e Deputación teñen asinado un convenio de 20.000 euros que permite que miles de nenas e nenos se acheguen a coñecer as instalacións de balde - O Presidente destacou que “con esta colaboración ofrecemos a posibilidade de difundir a riqueza da fauna da provincia entre os máis pequenos, promocionando deste xeito o respecto, coidado e estudo das aves” - O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para financiar a alimentación e o coidado do Urogallo, especie protexida que leva máis de dunha década en perigo de extinción

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participaron este luns nunha visita ás instalacións do parque zoolóxico AVIFAUNA, co que colabora o organismo provincial. Na visita, estiveron acompañados dun dos socios fundadores do centro, Carlos Fernández Moreira, e do responsable do parque, José María Díaz Paz.

Campos Conde, que se interesou persoalmente polo funcionamento do centro, destacou que “o organismo provincial leva colaborado con este centro máis de 5 anos, facendo unha achega anual de 20.000 euros, destinados a financiar as visitas dos escolares que, ano a ano, se achegan a este parque zoolóxico. Grazas a esta achega, unha media de 20.000 nenos visitan ao ano, de xeito totalmente gratuíto, AVIFAUNA”.

Pola súa banda, a Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente afirmou que “o parque zoolóxico AVIFAUNA é un dos espazos naturais máis importantes de España; de feito, conta co distintivo de ter a maior colección de aves de España, o que o sitúa á cabeza das aulas da natureza”.

Os socios fundadores agradecéronlle a Deputación a súa colaboración anual pois “esta achega anual permite que centos de rapaces e rapazas se acheguen ó centro ano a ano a coñecer de primeira  man plantas e animais autóctonos e foráneos”. Pola súa banda, Carlos Fernández agradeceulle ó organismo provincial a súa colaboración e afirmou que, sen estas achegas, a súa situación “sería moi complicada”.

A Deputación ten, ademais, apadriñado o Urogallo, unha especie protexida e en perigo de extinción dende hai máis de unha década, a través dunha achega de 2.000 euros dirixidos ao financiamento dos coidados e alimentación deste ave, característica da zona norte do país.

AVIFAUNA e a súa labor na natureza
Este parque zoolóxico comezou a súa andaina no 1983. Os propietarios conseguiron adaptar 6000 m² de terreo, con todo tipo de espazos e instalacións (estanques, fontes, pasarelas, sendeiros, etc.) conseguindo no ano 1992 que o centro contara co distintivo de núcleo Zoolóxico Nacional. No 2000 créase o Centro de Interpretación de AVIFAUNA, iniciando deste xeito unha intensa actividade relacionada con la educación ambiental. A inscrición como Núcleo Zoolóxico de Galicia realízase no 2008, e dende entonces, o Centro, axudado por institucións como a Deputación de Lugo e entidades privadas, mellorou moi notablemente ata chegar hoxe en día a converterse en Parque Zoolóxico Ornitolóxico contribuíndo coa súa labor de conservación e difusión del mundo das aves.

Nas súas instalacións albergan máis de 200 especies diferentes de aves repartidas actualmente nunha extensión de preto de 30.000 m². O Parque Zoolóxico está deseñado para a realización de visitas guiadas, mediante un percorrido a través dun xardín botánico no que os participantes poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes,  en 76 recintos adaptados á especie ou grupo de especies ó que pertencen. No centro préstase unha atención especial á avifauna autóctona ou a aquelas especies que polo seu estado de conservación se atopen en programas específicos de recuperación.