Deputación de Lugo

Aberta a inscrición de 14 postos de traballo na Bolsa de Emprego da Deputación

Imaxe deputación de lugo
- Arquitecto en prácticas, técnico en información, peón agrícola, tractorista, axudante de peluquería, esteticista ou axente de viaxes, son algúns dos empregos que se ofrecen ata o 11 de xaneiro - Xunto a estes, hai outos 40 postos de traballo cuxa solicitude remata este mércores - Xa son 830 os desempregados lucenses que, en tan só unha semana, se sumaron á Bolsa de Emprego da Deputación

A Deputación abriu este luns a inscrición de 14 novos postos de traballo na súa Bolsa de Emprego. Os interesados poden facer a súa solicitude ata o 11 de febreiro e consultar toda a información en www.deputacionlugo.gal.

Concretamente, os postos que se ofrecen son: esteticista, axente de viaxes, peón gandeiro, arquitecto en prácticas, técnico en información, peón agrícola, traballador social, peón forestal, peón agrícola, tractorista, axudante de perrucaría e peón gandeiro; en Concellos como Lugo, Sarria, Guntín, Ribadeo, Navia de Suarna, As Nogais, A Pontenova, Mondoñedo e o Saviñao.

O único requisito para optar a estes postos de emprego é estar no paro.

Os interesados deben cubrir o formulario que se atopa en www.deputacionlugo.gal, no espazo do Ben Empregado, no que tamén hai un documento coa relación dos postos de traballo. O período de solicitudes será de 10 días naturais.

Bolsa de Emprego
A Bolsa de Emprego da Deputación está a colleitar un grande éxito entre os desempregados da provincia lucense. De feito, dende que se puxo en marcha o luns da pasada semana, xa son máis de 830 os desempregados que están anotados nesta ferramenta web.

En total, na actualidade, son 54 os postos de traballo que se ofrecen. O periodo de solicitude de 40 deles remata este mércores.