Deputación de Lugo

A olería lucense presente coa Deputación na feira de artesanía galega de Oviedo

- García Bermúdez inaugurou a exposición de artesanía organizadapola Asociación Día de Galicia en Asturias, que se poderá visitar ata o 11 desetembro na Sala de Exposicións- Ademais das pezas de olería que conforman a mostra, haberáun cruceiro de cerámica realizado polo ilustre artista ferrolán Francisco JoséPérez Porto- Realizaranse actividades complementarias comoun encontro empresarial astur-galaico, un concerto homenaxe a Asociación Españolacontra o Cáncer e unha carpa con produtos gastronómicos de Galicia (empanada,polbo, queixo, etc)

AsociaciónDía de Galicia en Asturias

A entidade naceu fai 21anos, como punto de encontro dos centenares de galegos residentes na capitalasturiana, co obxectivo de homenaxear a aquelas entidades ou persoas quetraballan por un mellor entendemento mutuo. Coas actividades que se celebrantodos os anos, a asociación, busca honrar os fortes e fondos lazos entre asdúas Comunidades Autónomas. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional deEstatística (INE), agora residen no Principado de Asturias arredor de 24.000galegos.