Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación aproba novos investimentos de máis de 2,6 millóns para a provincia

- Son 1,6 millóns para mellorar infraestruturas e dotacións públicas; 225.000 para actividades culturais e deportivas no rural; 538.000 en axudas a colectivos culturais e deportistas, 165.000 para potenciar o turismo e 90.000 en impulso do tecido asociativo - O organismo provincial achega 1 millón de euros en 3 anualidades á humanización e ao desdobramento da Avenida Duquesa, no Concello de Lugo - A Xunta de Goberno resolveu as axudas de concorrencia competitiva de cultura, deportes, deportistas individuais e corredores de rali; e as dos Concellos de menos de 20.000 habitantes para obras, equipamentos e actividades culturais e deportivas - O Executivo da Deputación colabora coa organización dos Xogos do Eixo Atlántico, co recoñecemento dos Montes do Courel ou coa actividade da Protectora de Animais

O Goberno da Deputación aproba novos investimentos de máis de 2,6 millóns para a provincia

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este xoves dos asuntos da última Xunta de Goberno do 2016 e detallou os investimentos de máis de 2,6 millóns de euros aprobados. Campos Conde subliñou que “con esta nova inxección económica na provincia buscamos mellorar infraestruturas e dotacións públicas nos Concellos; dinamizar o rural coa organización de novas actividades culturais e deportivas, así como contribuír ao desenvolvemento das que realiza o conxunto do tecido asociativo; ou facilitar a posta en marcha en Lugo de destacados proxectos, que axuden a potenciar o sector turístico e, en xeral, a economía da nosa provincia. Son investimentos de distinta índole cuxo obxectivo último é o de responder ás necesidades dos lucenses, dende unha Deputación que está a carón das persoas”.

1,6 millóns para mellorar infraestruturas e dotacións públicas en 8 Concellos
1.- contratáronse as obras de mellora na LU-P-2801 de Santo Tóme, por San Adriano, e Augaxosa a Mazo, no Concello de Lourenzá, por valor de 178.000. Con este orzamento, o Goberno da Deputación mellorara un treito de máis de 3 quilómetros.

2.- adxudicáronse as melloras na LU-P-0403 por Rego de Pereira a Quintá, no Concello de Baleira, por valor de 53.000 euros. Con este orzamento, o Goberno da Deputación mellorara un treito de 1,2 quilómetros.

3.- invístese 1 millón de euros para humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo, no Concello lugués. Son 500.000 euros este ano; 350.000 no 2017 e 150.000 no 2018.

4- invístense 36.000 euros na dotación dunha depuradora no barrio do Empalme, na parroquia de Cabreiros, no Concello de Xermade.

5.- achéganse 31.200 euros para mellorar o abastecemento de auga na parroquia de Vilarxoane, no Concello da Pontenova.

6.- adícanse 28.500 euros a actuacións de mellora no centro socio cultural e biblioteca municipal do Concello de Pol.

7.- achéganse 24.800 euros a melloras en accesos públicos e cometidas de auga en núcleos rurais do Concello de Navia de Suarna.

8.- O Executivo Provincial acordou adiantar 225.000 euros ao Concello de Monterroso para iniciar as obras de rehabilitación do edificio anexo á residencia e centro de día público e transformalo nun centro de atención a dependentes asistidos.

9.- destínanse 60.000 euros á dotación de alumeado público ao campo de fútbol de Monterroso.

Axudas culturais e deportivas aos Concellos de 225.000 euros
10.- resolvéronse as axudas de 77.000 euros para a execución de pequenas obras ou da compra de equipamento en instalacións públicas culturais de 64 Concellos, que foron os que se sumaron a esta programación, que o Goberno da Deputación decidiu ofrecer a todos os Concellos de menos de 20.000 habitantes, distribuíndo o seu orzamento en base á superficie, poboación, núcleos poboacionais, esforzo fiscal e aos equipamentos culturais de cada municipio.

11.- resolvéronse as axudas de 77.200 euros para a organización de actividades culturais en 65 Concellos, que foron os que se sumaron a esta programación, que o Goberno da Deputación decidiu ofrecer a todos os municipios de menos de 20.000 habitantes, distribuíndo o seu orzamento en base á superficie, poboación, núcleos poboacionais, esforzo fiscal e aos equipamentos culturais de cada Concello.

12.- resolvéronse as axudas de 71.643 euros actividades deportivas en 59 Concellos, que foron os que se sumaron a esta programación, que o Goberno da Deputación decidiu ofrecer a todos os municipios de menos de 20.000 habitantes, distribuíndo o seu orzamento en base á superficie, poboación, núcleos poboacionais, esforzo fiscal, instalacións deportivas e ao número de clubs deportivos de cada Concello.

538.000 euros para colectivos culturais e deportistas
13.- resolvéronse as subvencións de concorrencia competitiva de 400.000 euros, que reciben un total de 527 colectivos de índole cultural da provincia para o desenvolvemento de programacións na provincia.

14.- resolvéronse as axudas de 75.000 euros para deportistas individuais, que reciben un total de 250 profesionais da provincia.

15.- resolvéronse as axudas de 45.000 euros para corredores de rally, que reciben un total de 22 profesionais da provincia. 

16.- achéganse 18.000 euros ao Club Deportivo Castro para colaborar nos custos pola súa participación na 3ª División Nacional.

165.000 euros para proxectos en impulso do turismo na provincia
17.- invístense 99.000 euros na organización da edición número 12 dos Xogos do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que acollerá a provincia lucenses no mes de xullo, e coas que tamén colaboran os Concellos de Lugo, Monforte de Lemos e Sarria.

18.- colabóranse con 26.000 euros no proxecto que busca acadar a candidatura de Xeoparque Mundial por parte da UNESCO das Montañas do Courel. É unha iniciativa, que promoven os Concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

19.- achéganse 40.000 euros para a organización dun congreso nacional na provincia de Lugo sobre prácticas ecolóxicas en colaboración coa SEAE.  

Colaboración de 90.000 euros con colectivos da provincia
20.- colabórase con 40.000 euros coa Protectora de Animais e Prantas de Lugo.

21.- colabórase con 25.000 euros na mellora das instalacións da Asociación Provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios.

22.- e colabórase con 25.000 euros no desenvolvemento de proxectos e actividades culturais a través da Fundación Uxío Novoneyra