Deputación de Lugo

Últimos días para solicitar as 111 becas do plan O teu talento ten premio en Lugo

Imaxe deputación de lugo
- Ata o xoves poden solicitarse as bolsas coas que a Deputación custea a matrícula íntegra no Campus de Lugo aos mellores expedientes de BAC, FP e Grao - O modelo de solicitude está no BOP do 30 de maio. As inscricións realízanse no Rexistro ou por mensaxería. Máis información en 881 812000, 881 811 000 ou 982 820 532

Últimos días para solicitar as becas do plan O teu talento ten premio en Lugo.  É A programación coa que a Deputación custea a matrícula íntegra no Campus de Lugo aos mellores expedientes de BAC, FP e Grao. As solicitudes poden facer ata o xoves.

Son 111 as bolsas que se ofrecen, pois resolvéronse 24 das 135 que hai en total. A documentación a presentar é a seguinte: o impreso oficial de solicitude, que está no BOP do 30 de maio; e a documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais.

Pode presentarse persoalmente no rexistro da Deputación, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, e de 10 a 14 horas os sábados; ou ben mediante envío por mensaxería; así como nos doutras dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Máis información nos teléfonos: 881 812000, 881 811 000 e 982 820 532.