Deputación de Lugo

A Deputación súmase á concetración en repulsa do asasinato da veciña de Castro de Rei

Imaxe deputación de lugo

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto a compañeiros do Goberno Provincial, participou este luns na concentración convocada polo Concello de Lugo en repulsa ao asasinato da moza lucense, natural de Castro de Rei. A Deputación sumouse ao minuto de silencio en apoio e solidariedade á familia e amigos da rapaza. No acto tamén participou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades da provincia.

Este terrible suceso atópase aínda en investigación, pero todo apunta a que podería ser outro caso máis de violencia machista. De confirmarse, xa serían 15 as mulleres asasinadas no que vai de ano polas súas parellas, dúas delas veciñas da provincia de Lugo.

Se finalmente a investigación conclúe que a veciña lucense foi asasinada pola súa parella, o organismo provincial decretará 3 días de loito oficial. Deste xeito, suspenderanse todos os actos programados e as bandeiras ondearán a media hasta.