Deputación de Lugo

A Deputación desprega operativos en máis de 15 estradas provinciais para restablecer o tráfico 

A Deputación de Lugo despregou durante a xornada de hoxe un amplo operativo en máis de 15 estradas de titularidade provincial para restablecer o tráfico. Os traballos para garantir a seguridade dos condutores destas vías, cortadas por balsas de auga, fochas, arbores caidas ou desprendementos, comezou á primeira hora desta mañá e, arestora, a Deputación continúa acondicionar diversos puntos da rede provincial viaria.

As estradas son:

  • A Pastoriza: LU-P-4401, da estrada de Paraxes á Lourenza, pola Pastoriza e Reigosa, a Muimenta.
  • Barreiros: LU-P-0602, da N-634 á praia de Barreiros.
  • Begonte: LU-P-0802, de Begonte a Santalla.
  • Castro De Rei: LU-P-1112, de Muimenta a Pacios, LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindin, e LU-P-1105 de Ponte Outeiro a Quintela.
  • Cospeito: LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, LU-P-1702 de Feira do Monte, por Pino, a Fontefria e LU-P-1703 de Xustas, por Bexan, a Oroxe e Rampa á Igrexa de Bexan.
  • Muras: LU-P-6502, de Vilalba, por A Balsa, a Chavin
  • Ribadeo: LU-P-5205, da N-634 á de Portovega.
  • Samos: LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa á Santa Mariña.
  • Vilalba: LU-P-6505, de Martiñan á igrexa de Corvelle, LU-P-6516 da estrada de Vilalba a Betanzos á de Vilalba a Ferrol, e a  LU-P-6508 de Vilate a Ribado.
  • Viveiro: LU-P-6606, de Augadoce, por Faro, a Fontao.
  • Xermade: LU-P-2207, de Raiola por Ponte Corbal a Buriz e a LU-P-2202 ao seu paso por Roupar, en Xermade