Deputación de Lugo

A Deputación duplicará ás accións informativas dos maiores polos 67 concellos da provincia

-Pablo Rivera, Ana Abelleira, Miguel Ángel Vázquez, Coro Piñeiro e Carlos Dosil participaron na inauguración do XXVIII Edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía -Rivera Capón dixo que a Deputación aposta polas políticas sociais cun investimento de 11, 2 millóns para os 67 concellos da provincia - “O que pretendemos con este Congreso é traballar na búsqueda dunha maior calidade de vida deste colectivo tan maioritario na nosa Comunidade”

O Deputado de Innovación e TIC’s, Participación cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, acompañado de diversas autoridades, participou este venres na inauguración do XXVIII Edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que organiza esta Sociedade Galega. Alí  anunciou que a Deputación “duplicará ás actividades formativas para fomentar e potenciar o envellecemento activo dos nosos maiores, polos 67 concellos da provincia para favorecer o reequilibrio territorial”.

Rivera Capón sinalou, na súa intervención, que trala aprobación dos orzamentos da Deputación “constatase que apostamos claramente polas políticas sociais cun investimento para os 67 Concellos da provincia de Lugo de 11,2 millóns de euros. Investimos en Axudas ao Fogar, no servizo de Teleasistencia e na rede propia de residencias que promovemos dende a Deputación.

Dixo que dende a Deputación “vamos a seguir coidando dos nosos maiores e serán sempre unha prioridade na acción deste Goberno, por iso estamos creando una rede pública de residencias e centros de día en concellos lucenses, nas que xa investimos en solitario máis de 12 millóns de euros de fondos provinciais”.

Lembrou que Galicia “é unha das comunidades autónomas mais envellecidas do mundo, con áreas xeográficas de Lugo e Ourense con índices de envellecemento, do 24 ao 32 por cento. Por iso o que pretendemos con este Congreso é traballar na búsqueda dunha maior calidade de vida deste colectivo tan maioritario na nosa Comunidade”.

O Deputado remarcou que hoxe en día é fundamental apostar pola cooperación, polo entendemento, e pola cooperación entre as administracións e colectivos de profesionais para, poder dar respostas ás necesidades dos veciños.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen se mostrou orgullosa de que a cidade acolla a 28 edición deste congreso de ámbito internacional, subliñou o compromiso do Concello cos seus maiores. Neste senso, a edil lembrou o gran abano de servizos que lles ofrece a entidade local, que pasan principalmente polo servizo de axuda e xantar no fogar, o centro de dia Antonio Gandoy e un completo programa de actividades de animación sociocultural nos centros sociais da cidade e do rural.

“Os nosos maiores, ao igual que as persoas máis vulnerables, son prioritarias na nosa acción de Goberno, sendo os servizos sociais o piar fundamental da nosa política, para os que destinamos o 21% do orzmento total do 2016”, asegurou González Abelleira, quen afirmou que o Concello seguirá prestando un servizo digno e de calidade aos maiores e seguirá adaptando os recursos á realidade social da cidade, na que o 20% da poboación é maior de 65 anos.

Proxectos de alfabetización dixital no adulto
O Deputado de Innovación e TIC’s, Participación cidadá e Transparencia Pablo Rivera interveu neste Congreso cunha ponencia baixo o titulo “Proxectos de alfabetización dixital no adulto maior”, onde detallou o programa que leva adiante o organismo provincial.

Rivera Capón explicou as actividades enmarcadas no marco das accións de promoción da autonomía persoal que xestiona a Fundación TIC. “Por unha banda promovese a autonomía persoal dos maiores da provincia en base a novas tecnoloxías de información e comunicación, utilizando tecnoloxías como o iPad tipo tablet, ou introducir ou Wii Fit dispositivos Kinect que permiten a interacción con eles dunha forma agradable”.

Tamén se ofertan servizos para obter unha maior estimulación cognitiva con talleres de memoria, ou para estimular os seus sentidos a través de exercicios co dispositivo electrónico e mellorar as súas capacidades cognitivas. E por último servizos de estimulación funcional para maiores: ximnasia, coas tecnoloxías do tipo Kinect, Wii Fit, etc., o que permitiu a estimulación funcional e motora dos nosos maiores.

Liñas de acción
As liñas de acción para a promoción da autonomía persoal das persoas maiores realizáronse a través de diferentes programas como por exemplo:
Senior TIC  formación en novas tecnoloxías co obxectivo de achegar as TIC para toda a provincia. Nutretic, uso lúdico e dinámico das novas tecnoloxías de información e comunicación na implantación da educación nutricional para as persoas maiores. Memoria Digital TIC Tac, un proxecto concibido para dar a coñecer e sensibilizar ao avance das novas tecnoloxías aplicadas á memoria histórica, especialmente no caso dos que residen na zona Rural. Abertic Mayores, a campaña consistente en sesións de xogo para persoas maiores en toda a provincia nas instalacións da sede da Fundación TIC
Camiña coas TIC, promover hábitos deportivos , envellecemento saudable e promover o exercicio físico entre as persoas maiores , co uso de dispositivos tecnolóxicos como podómetros.