Deputación e USC ofrecen descontos do 50% no custo da matrícula de 10 titulacións do Campus de Lugo

O Presidente daDeputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o Vicerreitor de Coordinación do Campusde Lugo, Javier Bueno Lema, presentaron este mércores nos xardíns do Pazo deSan Marcos Para estudar, Lugo. É a campaña que promociona Lugo como cidadeuniversitaria e ofrece descontos do 50% no custo da matrícula a primeirosestudantes de 10 titulacións do Campus lugués.
Darío Campos sinalouque poñemos en marcha a 3ª edición desta campaña dentro do plan de impulso doCampus de Lugo, que temos en marcha Deputación e USC. Facémolo, tendo en contaos seus bos resultados. Grazas ás dúas anteriores convocatorias, dende 2013conseguimos incrementar en 10 puntos a taxa de ocupación da totalidade deprazas que ofrece a USC en Lugo. Ademais, aumentamos nun 18% o número deestudantes nestas 10 titulacións, nas que volvemos a asumir a metade dos custosda matrícula de primeiros estudantes do Campus lugués, con 120.000 euros daDeputación.
Ao inicio do curso2013-2014, a taxa de ocupación de prazas no Campus de Lugo era do 62,9%. Trasas campañas de promoción de Lugo como cidade universitaria, que se levaron acabo nos cursos 2014-2015 e 2015-2016, esta sitúase hoxe no 71,7%. Son case 10puntos máis. Con respecto ás 10 titulacións con descontos, hai dous anos o númerode estudantes era de 258. Coas axudas da Deputación na matrícula dos últimosdous anos, os alumnos ascenderon aos 304. Isto supón un incremento do 18%.
Bueno Lema subliñouque grazas a esta campaña, conseguimos cambiar o modelo de tendencia no númerode matriculacións do Campus lugués, que se viu aumentado de xeito notable. Defeito, durante estes dous últimos anos aumentou a captación xeral de alumnos,sendo no 2013 inferior a 1.000 e superando, nestes dous últimos anos, 1.200alumnos novos.
Titulacións con descontos do 50%na matrícula
A través da campañaPara estudar, Lugo, a Deputación ofrece descontos do 50% no custe damatrícula a primeiros estudandes das seguintes titulacións do Campus deLugo:
· Grao en Enxeñaría de ProcesosQuímicos Industriais
· Grao en Enxeñaría Civil
· Grao en Enxeñaría en Xeomática eTopografía
· Grao en Enxeñaría Agrícola eAgroalimentaria
· Grao en Enxeñaría Forestal e doMedio Natural
· Grao en Lingua e LiteraturaEspañolas
· Grao en Ciencias da Cultura eDifusión cultural
· Grao en Relacións Laborais eRecursos Humanos
· Grao en Xestión de Pequenas eMedianas Empresas
· Grao en Administración e Direcciónde Empresas
Lugocomo cidade universitaria
Estacampaña promociona Lugo como cidade universitaria. Pon en valor a ofertaacadémica do Campus lugués, que ofrece 15 titulacións, que se agrupan en 8centros, e se distribúen en 4 área de coñecemento: Artes e Humanidades,Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídica, e Enxeñería e Arquitectura.