Deputación de Lugo

Jaime Luís López Vázquez, novo Presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo

O Presidente da Deputación e Patrono da Fundación Campus Universitario de Lugo, Darío Campos Conde, participou este mércores na reunión ordinaria do padroado de dita fundación, que tivo lugar no Pazo de San Marcos, e na que Jaime Luís López Vázquez tomou posesión como Presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo. Na sesión, aprobáronse as memorias e contas das actividades que se realizaron durante no último exercicio; así como o Plan de Actuación de actividades para este ano.