Deputación de Lugo

A Deputación instensifica os traballos nas estradas de Xermade, Viveiro, Vilalba, Castro de Rei, Barreiros, Begonte e Pastoriza para restablecer o tráfico 

Imaxe deputación de lugo

A Deputación intensifica os traballos nas estradas de Xermade, Viveiro, Vilalba, Castro de Rei e Barreiros para restablecer o tráfico coa maior brevidade posible.

As estradas nas que se está a traballar, que arestora están cortadas ao tráfico, son:

  • LU-P-2207 en Xermade, de Raiola por Ponte Corbal a Buriz.
  • LU-P-6606 en Viveiro, en Area.
  • LU-P-6506 e 6505 en Vilalba, que sae da N-634 por Insua e Ladra.
  • LU-P-0602 en Barreiros, da N-634 á praia de Barreiros.
  • LU-P-4401 na Pastoriza, dende a estrada de Paraxes á Lourenzá, por Pastoriza e Reigosa.
  • LU-P-1112, de Muimenta a Pacios en Castro de Rei.
  • LU-P-1106, de Castro de Rei por Reigosa á estrada de Bretoña.
  • LU-P-0802, de Begonte a Santalla.

Estas vías están cortadas ao tráfico por mor da acumulación de auga existente logo das intensas choivas producidas polo temporal. Os traballos consisten, na súa maioría, en actuacións de drenaxe e achique de auga.

Os medios da Deputación continúan a traballar na LU-P-2202, ao seu paso por Roupar, en Xermade, para evitar que a acumulación de auga chegue ás vivendas da zona.

Os Concellos máis afectados polo temporal, nos que tamén se atopan os traballadores da Deputación, son: O Vicedo, Viveiro, Xove, Burela, Cervo, Ourol, Muras, Xermade, Valadouro, Foz, Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá.

O operativo está composto por 22 operarios, 8 palas mixtas, 4 motoniveladoras, diverso material de achique, motoserras e vehículos de descombro.

O organismo provincial manterá activado o operativo durante toda a xornada por se se rexistran, durante as vindeiras horas, novas incidencias relacionadas coa neve ou a choiva.