Deputación de Lugo

Máis de 5.000 persoas participarán, o 29 de outubro en Chantada, no Castañazo Rock da Deputación

- Os grupos que participan nesta XIV edición son Poetarras, La Raíz, Def con Dos, Nao, Esne Beltza, Familia Caamagno e Ezetaerre - Durante a xornada haberá o Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús, Magosto, e ás 20:00 horas comezarán os concertos no Mercado Gandeiro do municipio - O prezo das entradas é de 17 euros anticipada. Pódense adquirir na www.castanhazo.com, en calquera oficina de correos, ou nos puntos físicos habilitados. Na billeteira o prezo dos tíckets é de 22 euros

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación Cultural O Castañazo, Iban Gómez, presentaron este xoves a XIV edición do Castañazo Rock que organiza esta Asociación, e que terá lugar no mercado gandeiro do Concello de Chantada o sábado 29 de outubro. O organismo provincial achega unha axuda económica de 6.000 euros para a celebración deste festival de música rock.

García Porto puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas que nacen de asociación locais e que contribúen a promover de xeito significativo o turismo na provincia, ao mesmo tempo que se ofrecen actividades lúdico-culturais alternativas de primeiro nivel.

Iban Gómez, Presidente da Asociación Cultural O Castañazo, agradeceu a colaboración do organismo provincial, e avanzou que esta edición esta sendo unha das máis exitosas. “Este ano esperamos máis de 5.000 persoas”. Ademais explicou que durante a xornada haberá o Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús, Magosto, e ás 20:00 horas comezarán os concertos no Mercado Gandeiro do municipio.

O prezo das entradas é de 17 euros anticipada, e pódense adquirir na www.castanhazo.com, en calquera oficina de correos, ou nos puntos físicos habilitados no Concello de Chantada e nas principais cidades de Galicia. Na billeteira o prezo dos tíckets será de 22 euros.

Como novidade, a Asociación organizadora habilitará autobuses para poder asistir ao festival, desde algunhas das principais cidades. Abriranse rutas desde Lugo, Ourense e Santiago. Os billetes poden mercarse a través da plataforma Festymas, coa que debe contactar aquela xente interesada en abrir novos traxectos desde lugares como Vigo ou A Coruña.

Para a xente que se desprace ata o Concello de Chantada e prefira quedarse ata o día
seguinte no municipio, terán a súa disposición os pavillóns do IES Val do Asma e CEIP Eloisa Ribadulla para acampar.

Programación
- Ás 11:00 horas,  o Castañazo Infantil na Praza do Cantón do Concello de Chantada. Os máis pequenos terán tamén a súa importante dose de protagonismo. Nesta edición destaca o espectáculo musical “Zona en Obras” da compañía Tropa de Trapo, entre outros.
- Ás 15:00 horas, Cantos de Taberna na Praza Santa Ana do municipio. Os bares do centro co Concello de Chantada acollerán aos grupos do concurso de Cantos de Taberna, cita xa ineludible e inseparable deste festival outonal. Este ano participan 15 establecementos e haberá 3 rutas con 5 bares cada unha. As bases do concurso poden consultarse na http://www.castanhazo.com/.
- Ás 18:00 horas aperturas de portas do recinto (Despacho de billetes dende as 17:00
horas)
- Ás 18:30 horas, Xogos Bravús no Mercado Gandeiro do Concello de Chantada A punta imposible, debullamento de millo ou lanzamento de ourizos son algunha das probas desta edición.
- Ás 19:30 horas Magosto Popular no Mercado Gandeiro do municipio
- Ás 20:00 horas.- Poetarras
Sátira e orixinalidade son dúas palabras que van da man deste grupo que versionan cancións coñecidas por todos para darlle a súa particular visión da sociedade.
- Ás 21:00 horas.- Familia Caamagno
Troula e danza están garantidos da man de, outra das ofertas autóctonas para esta edición, e que veñen de recorrer practicamente tódolos principais festivais neste 2016.
- Ás 22:10 horas.- La Raíz
Unha das bandas asistentes levanta paixóns en toda España. Traerán os seus ritmos ska, reggae e rock novamente despois de actuar hai 2 anos nesta mesma cita, e que suporá o seu concerto despedida da súa laureada xira “Entre Poetas y Presos”.
- Ás 23:50 horas.- Def Con Dos
É outro dos pratos fortes do cartel. A banda liderada por CesarStrawberry, formada en Vigo e afincada en Madrid, fará tremer as paredes do mercado
gandeiro co seu potente rap metal.
- Ás 1:20 horas.- Esne Beltza
Os vascos asegurarán o baile grazas a súa fusión de estilos, queinclúe rock, reggae, hip-hop, folk e música electrónica.
- Ás 2:40 horas.- Nao
Estes sons duros do metal con letras reivindicativas forman parte do ADN deste grupo, unha das bandas galegas de máis éxito e mellor forma, que tamén repite no
Castañazo Rock, no que será o seu último concerto antes dunha longa parada, se ben
non o derradeiro.
- Ás 4:00 horas.- Ezetaerre
É a gran aposta da organización este ano son os. Un grupo de rap,
cunha curta traxectoria pero coas ideas moi claras.