Deputación de Lugo

A Deputación impulsa os produtos típicos colaborando co V Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes

Imaxe deputación de lugo

ADeputación de Lugo impulsa os produtos típicos e artes tradicionais daprovincia, colaborando co V Encontro de Artesanía de San Román deCervantes, que terá lugar o 9 de agosto neste concello da montaña luguesa.

Concretamente,a Deputación colabora a través do CENTRAD, enviando un artesán de madeira queofrecerá un taller e demostración en vivo; así como na celebración dunhamallega tradicional, coa que se busca contribuír á recuperación e á difusióndesta tradición centenaria, hoxe practicamente extinguida, e moi necesaria parapoder dispoñer de palla para as pallozas e os hórreos.

Durantea xornada, haberá exposición de pezas elaboradas en tear tradicional; mostra depintura e fotografía dos Ancares; concurso de fotografía e de pintura rápida;actuacións musicais; postos de cerámica, coiro, tear e manualidades; así comopostos con produtos típicos da zona, como poden ser o mel, embutidos ou pan.

Programación

Ás11:30 será a apertura dos postos no polideportivo municipal, no que haberá untotal de 35 postos. Posteriormente, de 12:00 a 14:00 horas, haberá unhademostración de malla tradicional. Pola tarde, ás 16:00 horas, será o turno datalla en madeira. Ás 18:00 horas comezará o VI Aberto de billarda do Urogalo.

Entreas 16:00 e as 19:00 horas haberá talleres de monicreques para os máis cativose, ás 19:00 horas terá lugar o obradoiro de instrumentos musicais e oespectáculo Troupelear. As 20:30, será a entrega de premios.