Deputación de Lugo

Máis de 250 alumnos da provincia participaron no V Concurso Postais de Nadal co que colabora a Deputación

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou este sábado na entrega de premios da V edición do Concurso Postais de Nadal que organiza a Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) e que tivo lugar na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial de Lugo. Nesta quinta edición do Concurso de Postais de Nadal participaron máis de 250 alumnos Rubén Pérez fixo de mestre de cerimonias dos premios, que contaron con animación musical por parte de Branca Villares e Pablo Pintor.
Gañadores

- Premio Infantil: Derek García Mármol do CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros

- Premio Primaria I (1º a 3º): Sara Martínez Ibañez do CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros

-Premio Primaria II (4º a 6º): Nadie Ruiz Fernández do CEIP San Xoán de Becerreá