Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación e Asorlu promoven o “berro silencioso” do CB Breogán

- O Deputado de Deportes, xunto a membros da “Asociación de Personas Sordas de Lugo” e os xogadores Sergi Quintela e Salva Arco, gravaron os vídeos co lema ‘Forza Breogán’ en Linguaxe de Signos, que se emitirán nos partidos do club celeste - O obxectivo desta iniciativa é que durante os partidos do Breogán no Pazo dos Deportes o berro de ánimo da afección celeste sexa tamén un “berro silencioso” que poida ser facilmente interpretado pola comunidade xorda - Esta acción enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acompañado polos xogadores do CB Breogán, Sergi Quintela e Salva Arco, mantivo un encontro este luns con membros da “Asociación de Personas Sordas de Lugo” (ASORLU), na sede de dita entidade, onde presentaron unha nova iniciativa enmarcada dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Rivera Capón, xunto con membros de ASORLU e os xogadores celestes, gravaron varios vídeos co lema 'Forza Breogán’ en Linguaxe de Signos, que serán emitidos nas diferentes canles e redes sociais do organismo provincial, do club de baloncesto e da entidade lucense. O obxectivo desta iniciativa é que durante os partidos do club lucense no Pazo dos Deportes o berro de ánimo da afección celeste sexa tamén un ‘berro silencioso’ que poida ser facilmente interpretado pola comunidade xorda.

O Deputado de Deportes subliñou que “segundo datos oficiais da Consellería de Política Social, o número de persoas en Galicia que sofren unha discapacidade sensorial é de case 40.000. Destas, unhas 3.400 son da provincia de Lugo, motivo polo que consideramos fundamentais este tipo de iniciativas para visibilizar os problemas cos que diariamente se atopan as persoas xordas e camiñar cara unha integración plena na sociedade”.

Colaboración con ASORLU
A “Asociación de Personas Sordas de Lugo” (ASORLU) naceu no ano 1975 como entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de defender os intereses das persoas xordas de Lugo e a súa provincia e ser un punto de encontro para a organización de actividades e eventos. O organismo provincial colabora anualmente con esta asociación a través dunha axuda de 18.000 euros para a contratación dun intérprete.

Moción socialista
O Goberno da Deputación aprobou no Pleno Provincial do pasado mes de xullo unha moción para instar tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Educación a que impulse a introdución da Linguaxe de Signos na ensinanza obrigatoria, non só no ámbito dos estudantes, senón tamén do profesorado.

A linguaxe de signos ten o recoñecemento de Lingua Oficial dende a aprobación da Lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, o que foi un antes e un despois para as persoas afectadas por estas situacións.

O Goberno da Deputación e Asorlu promoven o “berro silencioso” do CB Breogán

- O Deputado de Deportes, xunto a membros da “Asociación de Personas Sordas de Lugo” e os xogadores Sergi Quintela e Salva Arco, gravaron os vídeos co lema ‘Forza Breogán’ en Linguaxe de Signos, que se emitirán nos partidos do club celeste
- O obxectivo desta iniciativa é que durante os partidos do Breogán no Pazo dos Deportes o berro de ánimo da afección celeste sexa tamén un “berro silencioso” que poida ser facilmente interpretado pola comunidade xorda
- Esta acción enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto