Deputación de Lugo

A Capela de Santa María acolle desde mañá a exposición 3+3 Vigo. Xeración dos 50

Imaxe deputación de lugo
A mostra, que será inaugurada polo Presidente da Deputación, forma parte da programación do San Froilán

Lara Méndez afirmou que 3+3 Vigo “é un exemplo da aposta que facemos por converter a Capela de Santa María no epicentro das últimas tendencias”A Vicepresidenta Segunda anunciou que se intensificará a colaboración entre os Centros de Artesanía de Lugo e VigoA Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este mércores a exposición “3+3 Vigo. Xeración dos 50” que inaugurará mañá o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na Capela de Santa María ás oito da tarde. Lara Méndez afirmou que “para nós é un motivo de satisfacción que a Capela de Santa María do Centro de Artesanía e Deseño sexa o lugar elexido para amosar na nosa provincia as obras de pintura e escultura destes seis artistas pontevedreses de prestixio que teñen como denominador común ter nacido nos anos 50”. Trátase de Mingos Teixeira, Camilo Camaño Xestido, Victoria Fernández, Antonio Abad, Andrés Conde e Rafa Calvo.A responsable provincial dixo que entre os nosos obxectivos está “converter a Capela de Santa María no epicentro das últimas tendencias de deseño e artesanía, e “3+3 Vigo” é un exemplo da nosa aposta por potenciar a artesanía galega e a arte en xeral”. Neste senso lembrou que Lugo foi a primeira cidade do mundo en acoller a exposicón “Borde Sur”, na que se reunía a obra de grandes artistas uruguaios. Neste caso, a mostra está composta por obras dos artistas pontevedreses. Dentro da programación do San FroiánLara Méndez, que estivo acompañada por Mingos Teixeira, un dos artistas participantes, avanzou que a exposición forma parte da programación de San Froilán “polo que será unha das ofertas culturais que ofrecerá Lugo durante as súas festas patronais ós milleiros de persoas, non só de Galicia, senón de toda España, que se acheguen”.A exposición, que organizada o Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación, permanecerá aberta ó público ata o 8 de novembro.Colaboración entre o CENTRAD e o CATLara Méndez sinalou que “con esta exposición estreitamos lazos entre Lugo e Vigo a través dous seus Centros de Artesanía, que son os únicos que hai en Galicia”. Segundo apuntou a Vicepresidenta Segunda, tanto o Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación (CENTRAD). coma o Centro de Artesanía Tradicional da cidade de Vigo (CAT), que naceu en 1999, “son punteiros na recuperación, protección e promoción dunha parte fundamental do noso patrimonio etnográfico: a artesanía tradicional de Galicia”.“Queremos crear vínculos entre estas dúas cidades e entre estes dous Centros para que artistas de Vigo poidan promocionar aquí os seus traballos, e que os de Lugo, onde a artesanía é variada e moi boa, se dean a coñecer fóra da nosa provincia”. “3+3 Vigo. Xeración dos 50” estará aberta ó público en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 de luns a venres, e de 18:00 a 21:00 durante as fins de semana.