Deputación de Lugo

Gómez Besteiro solicita a implicación dos xóvenes empresarios da provincia no pacto polo campo

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación e a Vicepresidenta Segunda expuxeron no almorzo organizado por AJE as políticas económicas que o organismo provincial está a levar a cabo para fomentar o emprego na provincia

No encontro, co que a Asociación pretende estimular a economía provincial, participaron preto de 30 representantes de empresas de varios sectores O titular provincial anuncia que a Deputación presentará o Plan Estratéxico antes de finais deste mes O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco participaron este mércores nos Almorzos de Negocios organizados pola Asociación de Empresarios de Lugo (AJE). Tanto Gómez Besteiro como Lara Méndez compartiron cos asistentes as políticas económicas que está a levar a cabo o organismo provincial para fomentar o emprego na provincia. Neste senso, o Presidente provincial solicitou a implicación dos xóvenes empresarios -a quen lles fixo entrega da Declaración Lugo acordada por unanimidade pola Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP-, no “pacto polo campo”, que vai da man coa aposta polo sector agrogandeiro co Centro de Recría que a Deputación construirá o vindeiro ano na Granxa Gayoso-Castro. “Estamos falando da nova liña de financiamento dos autónomos, do pacto polo campo e aquí o empresarios novos tamén teñen que participar. Se facemos unha aposta pola medioambiente, polas novas tecnoloxías e polo agro, sen dúbida, para esta institución tamén son importantes estes encontros”. Deste xeito, Gómez Besteiro salientou a importancia de que no almorzo se desen cita preto de 30 persoas representantes de distintos sectores económicos. “Iniciativas coma esta permiten que xurdan novas ideas. Por exemplo, había unha empresa que era produtora de coello. Estamos acostumados a que o campo sexa o gando vacún ou o porcino. En definitiva, estes encontros permiten ampliar experiencias. Isto ten que ser unha sinerxia”. Na xuntanza, o titular provincial expuxo as liñas de actuación que está a levar a cabo e que crean novos postos de traballo na provincia. É o caso do programa Lug02 co que se demostrou que o medio ambiente pode ser unha oportunidade económica; a aposta polas novas tecnoloxías co Innova-TE; a creación de solo industrial a través de SUPLUSA; as axudas que concede o INLUDES para os autónomos da provincia; o programa de Sucesión na Empresa Familiar, que nestes momentos se está desenvolvendo en Xinebra e xa se celebrou na Mariña e na zona sur; ou o programa europeo Pacto Integral polo Emprego, dotado con 4 millóns de euros. Plan Estratéxico O Presidente a Deputación anunciou que a Deputación presentará antes de finais de mes o Plan Estratéxico que está a redactar xunto con Caixa Galicia. Será a folla de ruta que permitirá obter as fortalezas e debilidades de Lugo, e que determinará o camiño a seguir nos vindeiros anos. Gómez Besteiro indicou que “nos vindeiros días sacaremos o primeiro Plan da provincia con carácter global. Hai aproximadamente un ano embarcámonos neste proxecto xunto con Caixa Galicia, e para a súa redacción partimos da última realidade documentada para adoptar medidas que promocionen todos os sectores económicos”. Novas vías de negocio O encontro enmárcase dentro do programa de actividades que está a levar a cabo a Asociación e que está dirixido ós mozos empresarios co fin de fomentar a cultura emprendedora en Galicia en xeral e na provincia de Lugo en particular. Con esta xuntanza multisectorial, a AJE busca estimular o crecemento económico da provincia. A través desta iniciativa innovadora foméntanse as interrelacións empresariais tanto no colectivo de empresarios asociados a AJE como de fóra da propia Asociación. Esta xornada tamén permite ós empresarios ampliar os seus contactos con novos proveedores e clientes, conseguindo abrir novas vías de negocio. O Presidente da Asociación, Santiago Seijas, subliñou que “cremos que este encontro é interesente nestes momentos de incertidume económica e social, xa que permite darse darse a coñecer entre varios empresarios e ofrecer servizos para lograr un maior vínculo comercial que nos leve a xerar máis negocio na provincia. O que pretendemos é fomentar o emprego e aportar unha maior riqueza para as empresas de Lugo”.