Deputación de Lugo

A Deputación inicia a auditoría sobre protección de datos persoais con xuntanzas en Lugo e Monforte

Imaxe deputación de lugo
Máis da metade dos ficheiros que manexan as Administracións son das Entidades Locais

O Concellos da Mariña están convocados mañá nunha reunión na Casa de Cultura de Foz Alcaldes, secretarios e empregados locais relacionados coa xestión de protección de datos persoais dos Concellos do cento e sur da provincia participaron en dúas reunións convocadas hoxe pola Deputación en Monforte e Lugo. O obxectivo é poñer en marcha os traballos dunha auditoría sobre o nivel de cumprimento da lei en materia protección de datos de carácter persoal nas Entidades Lociais, que son as que xestionan máis da metade de todos os ficheiros que manexan as Administracións. Mañá están convocados os municipios da Mariña ás dez da mañá na Casa da Cultura de Foz. O organismo provincial, a través da Área de Cooperación cos Concellos, acomete este estudo para determinar os puntos fortes e débiles dos Concellos da provincia nesta materia e elaborar un informe final de recomendacións de mellora para xestionar axeitadamente o risco do tratamento de datos de carácter personal. O estudo acométese logo de que nos últimos anos aumentase a sensiblización dos cidadáns sobre os datos persoais que lle solicitan ás administracións e de que se incrementase o número de inspeccións da Axencia Española de Protección de Datos, coas correspondentes sancións nalgúns casos. A diagnose será realizada por un equipo multidisciplinar da Universidade da Coruña contratado pola Deputación, que estará formado por economistas, avogados e informáticos. A estas xuntanzas están chamados especialmente os secretarios, os xestores de arquivos que incorporen datos de carácter persoal (padrón de habitantes, censo electoral, padróns fiscais, contabilidade, servizos sociais etc.) e os responsables da seguridade destes arquivos.