Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación solicitou a colaboración da Cámara de Comercio para o desenvolvemento
da provincia

Gómez Besteiro reuniuse cos membros da Comisión Executiva do organismo lugués

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse este mércores cos membros da Comisión Executiva da Cámara de Comercio luguesa que preside Alfredo Mosteirín. Gómez Besteiro que calificou de “positiva” a xuntanza solicitou a colaboración da entidade luguesa para “favorecer e impulsar o desenvolvemento da provincia”. Trátase da primeira visita oficial que realiza a Cámara de Comercio de Lugo ó organismo provincial, na que o máximo mandatario provincial aproveitou a ocasión para explicar ós executivos do organismo lugués a nova filosofía do equipo de goberno baseada na colaboración cos Concellos, administracións e institucións . O Presidente da Cámara de Comercio, Alfredo Mosteirín, estivo acompañado do Vicepresidente primeiro, Eduardo Núñez-Torrón, Vicepresidente segundo, Jesús Pernas, Tesoureiro, José Núñez Vázquez, Secretario, Vicente Silva Meilán, do Director Alberto Fernández Piñeiro, ademais dos vogais Luis Abelleira, Roberto López, Gonzalo Corredoira, Carmen Castelao, David García e Severino Fernández. O Presidente provincial entregou un agasallo institucional a cada un dos membros da Comisión Executiva.