Deputación de Lugo

Adxudicados os proxectos de conservación integral da rede viaria provincial por preto de 10 millóns de euros

A Xunta de Goberno aproba 49 contas xustificativas de Plans de Comunidades Veciñais que Deputación subvenciona con 261.484 euros

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a adxudicación provisional dos 13 proxectos de conservación integral da rede viaria provincial que abarcan os máis de 4.000 quilómetros de estradas dependentes da Deputación. En total, as adxudicacións suman 9.438.567 euros, ós que hai que engadir 519.093 euros correspondentes ás melloras ofrecidas polas empresas. Segundo apuntou o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, “en todos os casos, as adxudicatarias presentaron melloras, polo tanto, son case 10 millóns de euros os que a Deputación destina este ano a manter en boas condicións a súa rede de estradas”. Ademais, acordouse a contratación do subministro de sal por importe de 87.500 euros. “Este ano houbo que aumentar esta cantidade con repecto ó anterior, xa que as condicións meteorolóxicas fixeron necesaria a adquisicón de máis sal”. En relación á rede viaria, o goberno provincial tamén aprobou a lista definitiva dos Concellos que este ano asinan o convenio para a realización de traballos de roza en estradas da Deputación. En total son 46 municipios, con 2.814 quilómetros de estradas provinciais, e ós que o organismo provincial destina 497.268 euros. “Esta é unha importante liña de colaboración cos Concellos, que son os que mellor coñecen o estado no que se atopan as vías que pasan polos seus termos municipais”, apuntou Gato Soengas. Os Concellos que se suman esta ano ó convenio da roza son: Abadín, Alfoz, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, Chantada, A Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, , Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Páramo. A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín Quiroga, Rábade, Ribas do Sil, Ribadeo, Riotorto, Samos, Sarria, Taboada, Triacastela, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Xove. Por último, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ás contas xustificativas de 49 obras correpondentes a varios Plan de Comunidades Vecñais. En total, suman un presuposto de 427.162 euros, dos que a Deputación achega 261.484. Destas subvencións, 2 corresponden ó Plan de 2005, 8 ó de 2006 e o resto, 38, ó ano 2007. “Aínda hai contas pendentes dos anos 2005 e 2006 porque o servizo ten que facer un traballo de investigación para comprobar se estas obras realmente se fixeron para aboarlles a correspondente subvención. Estes retrasos están motivdos por problemas de xestión do goberno do PP”.