A Deputación de Lugo arranxa a estrada provincial que enlaza A Fonsagrada con Navia de Suarna
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Os traballos obrigan a pechar ó tráfico o treito durante un mes
O punto quilométrico 26,500 da estrada provincial que vai da Fonsagrada a Navia de Suarna, ó seu paso pola termo municipal deste último Concello, quedará pechado ó tráfico desde o xoves, 28 de febreiro. Debido ó desplome dunha parte da calzada acontecido nos últimos días, a Deputación de Lugo, a través do Servizo de Vías e Obras, levará a cabo a construcción dun muro de sostemento que permitirá o arranxo da estrada. A duración do peche terá unha duración estimada un mes. Os condutores que circulaban normalmente por esta vía deberán empregar o desvío provisional que a Deputación habilitará a través da estrada provincial 35-07 que vai de Barcia, por Castañedo, a Mosteirón. Este desvío estará debidamente sinalizado.