Deputación de Lugo

Gómez Besteiro clausura a xornada de Xuntas de Goberno dos Colexos de Avogados de Galicia

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación participou na reunión extraordinaria dos sete ICA da Comunidade representando á única institución invitada ao acto

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este venres na xornada de Xuntas de Goberno dos Colexos de Avogados de Galicia logo de ser invitado para clausurar este acto. Gómez Besteiro agradeceu o feito de que a Deputación fose a única institución galega con presenza nesta reunión extraordinaria, e subliñou que, debido a súa condición de avogado, “esta sempre será como a miña segunda casa, onde encontrarei aos máis de 7.600 compañeiros de oficio galegos”. Máis de 72 profesionais participaron na xornada que, logo de preto de 20 anos, acolleu a capital lucense, e onde participaron, entre outros, os Decanos dos sete Colexos de Avogados de Galicia, o Presidente e representantes das Comisións do Turno de Oficio e Formación do Consello da Avogacía Galega, así como, a Presidenta do Grupo de “Abogados Jóvenes”. Gómez Besteiro quixo aproveitar a ocasión para invitar aos membros das Xuntas de Goberno a participar no programa do organismo provincial Km0 a Compostela, unha iniciativa que converte a Deputación na primeira institución cunha programación estable e previa ao Xacobeo. Dende ás 11:00 da mañá, profesionais deste sector debatiron, entre outros temas, sobre as condicións laborais e económicas dos avogados que prestan servizos de xustiza gratuita, e sobre a formación. Logo do encontro, os participantes pasaron o día na capital lucense, por onde fixeron unha ruta guiada.