Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo inaugura o XI Congreso Internacional de Enxeñería de Proxectos

Lara Méndez sinalou que o Congreso permite dar a coñecer a nosa provincia que se amosoa como “unha porta cara o futuro”

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este xoves a XI edición do Congreso Internacional de Enxeñería de Proxectos que se desenvolve ata o venres día 28 na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus de Lugo. Lara Méndez que realizou a súa intervención en castelán dado que a maior parte dos asistentes son de fóra de Galicia, sinalou: “como Enxeñeira Técnico Agrícola e ex-alumna desta Escola é para min un pracer participar na inauguración deste Congreso no que o éxito está garantizado, xa que, son máis de 200 aportacións científicas as que nel se expoñen. Estar hoxe aquí e voltar a pisar esta Facultade, tráeme á cabeza todos os bos recordos da miña etapa de estudante”. Durante estes tres días Lugo acolle a celebración deste Congreso que xa se celebrou en anos anteriores noutras cidades como Lleida, Murcia, Barcelona, Pamplona, Bilbao, Málaga e Valencia. Neste senso, Lara Méndez destacou a importancia de que o Campus lugués fose o escenario elexido pola organización para o simposio, “este evento permite dar a coñecer a toda a comunidade científica internacional o bo traballo realizado en Galicia ó tempo que resalta a imaxe da nosa provincia, situándoa como unha porta cara o futuro tal e como indica o lema deste simposio”. A responsable do desenvolvemento económico da provincia de Lugo incidiu na necesidade de que a investigación e a inversión que realicen as administraciones en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) son cada vez más necesarias de cara ó beneficio da poboación. “Só desta forma conseguiremos a converxencia do noso país co resto das rexións europeas. Este Congreso permite sumar esforzos e promover contactos entre todos os sectores implicados no mundo da enxeñería de cara a obter un futuro sostible e viable tanto económica como social y mediambientalmente”, indicou Lara Méndez. Organización do Congreso O Congreso organizado conxuntamente pola Asociación Española de Enxeñería de Proxectos (AEIPRO) e o Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela presenta temáticas relacionadas coa Agroalimentación, a Ordenación do Territorio, os Recursos Medioambientais, as Enerxías Renovables e a Xestíon Sostible, pilares fundamentais que centrarán as diferentes sesións. Desenvolverase na Escola Politécnica de Lugo ata o venres día 28. Presentaranse un total de 321 publicacións procedentes de España, Portugal, Italia, Francia e de diferentes países hispanoamericanos. Desde a organización agardan superar os 300 participantes rexistrados en edicións anteriores. Durante os 3 días que dura o Congreso, levaranse a cabo sesións plenarias e mesas redondas nas que participarán representantes da Administración Autonómica, así como, expertos no tema que irán complementando, debatindo e aportando ideas para o futuro da Enxeñería de Proxectos relacionadas coa formación e o desenvolvemento profesional da actividade.