Deputación de Lugo

O oso de Salcedo presentouse esta mañá coa presenza do responsable da Área de Cultura da Deputación

O oso de Salcedo presentouse esta mañá coa presenza do responsable da Área de Cultura da Deputación

Xunto co responsable da área de Cultura,Antonio Veiga, estivo na presentanción Felipe Castro que o presidente do colectivo veciñal que se encarga de organziar as actividades do antroido O oso de Salcedo é unha das mostras máis ancestrais do antroido no sur de Lugo LUGO, a 4 de febreiro de 2008. O responsable da área de Cultura, Antonio Veiga, participou esta mañá na presentación do Oso de Salcedo. Neste acto estivo tamén presente o presidente da asociación de veciños de Salcedo, Felipe Castro. A presentación celebrouse no local social da asociación de veciños de Salcedo. Durante a presentación o presidente do colectivo veciñal, Felipe Castro, explicou en que consiste esta tradición ancestral que se ven celebrando os luns de antroido dende tempo inmemorial. Arredor das 5 do serán prodúcese a saída o Oso do seu agocho levado polos criados amarrado cunhas cadeas para ceibalo, despois, entre o veciños e visitantes. Os criados son os axudantes que capturan e conducen a carón do Oso a incautos de entre o público para que este os embadurne coa cheirenta e lixosa substancia preparada para a ocasión. A vestimenta do Oso está composta dunhas peles de ovella que cobren todo o corpo e dunha máscara. A roupaxe dos criados é máis modesta e menos pesada posto que a súa misión é apresar aos desaprensivos que estean preto do Oso para levarllos como presas. Felipe Castro aclarou tamén que “téñense dado moitas interpretacións para explicar a existencia desta figura ancestral en Salcedo. A gran maioría opina que podería simbolizar o medo que os habitantes desta zona poderían ter aos osos que baixaban ás albarizas cercanas a Salcedo para se alimentar”. Por outra banda o responsable da área de Cultura, Antonio Veiga, sinalou que dende o goberno da Deputación de Lugo vanse a apoiar decididamente estas manifestacións do noso patrimonio inmaterial. Segundo Veiga “temos que poñer os medios precisos para preservar e potenciar as tradicións que, xeración tras xeración, chegaron ata os nosos días. Tradicións que, como esta, se celebraron ininterrompidamente, incluso na guerra e vencendo as prohibicións que durante a ditadura trataban de impedir a celebración do Entroido”. 50 aniversario da revista A voz de Salcedo. 50 aniversario do Teatro.Nesta revista recóllese a historia viva do traballo e do esforzo que levaron a co todos os veciños e veciñas desta parroquia e tamén o traballo de organización que levou a cabo a Asociación de veciños, ao ser capaces de recompilar toda a actividade que aquí se levou a cabo e poder plasmala dun xeito tan real e tan coidado neste traballo.