Deputación de Lugo

A Deputación acollerá o 13 de maio unha xornada sobre a aplicación da Lei Presupostaria nos Concellos

A xornada, organizada polo INAP en colaboración coa institución provincial, está destinada ó persoal técnico dos municipios

A Deputación de Lugo acollerá o vindeiro 9 de maio unha xornada sobre o regulamento de aplicación da Lei Xeral de Estrutura Presupostaria que organiza o Instituto Nacional de Administración Pública en colaboración co organismo provincial, segundo avanzou este venres o Deputado da Cooperación cos Concellos, Antonio Gato. A actividade, que terá lugar no Pazo de San Marcos, “está destinada ó persoal técnico de todos os concellos, especialmente ós secretarios, interventores e todos os traballadores adscritos ás áreas de contabilidade”, apuntou Gato Soengas, quen sinalou que teñen de prazo ata o 8 de maio para inscribirse. O voceiro do grupo provincial socialista anuniciou que o propio departamento de Formación da Deputación adicará outra xornada a este asunto e que a Área de Cooperación cos Concellos “estudará redactar unha instrucción destinada a todos os servizos económicos dos municipios coa finalidade de que se poñan ó día sobre este novo precepto que é necesario aplicar de aquí en adiante nos Concellos da provincia”. Antonio Gato sinalou que deste xeito, a Deputación quere cooperar coas entidades locais, entre as que hai preocupación sobre a aplicación da Lei Presupostaria. Acordos Xunta de Goberno Gato Soengas fixo este anuncio na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno na que, entre outros asuntos, se aceptou a resolución do xurado de expropiacións de Galicia sobre o expedente das obras de pavimentación e servizos da rúa Alférez Baanante, no Concello de Chantada, incluída no POS 2004. “Esta é unha das obras ás que no seu día se referiu ó Delegado de Infraestruturas que corrían o risco de perderse porque os expedentes expropiatorios ían moi retrasados”, dixo Gato Soengas. O goberno provincial tamén adxudicou por 27.000 euros o contrato de auditoría das obras cofinanciadas nos pirmeiros semestre de 2007 con fondos FEDER.