Deputación de Lugo

A Deputación contratará un seguro que cubrirá os accidentes de tráfico nas estradas provinciais

O organismo provincial dispoñerá por primeira vez deste tipo de cobertura

Gato dixo que este contrato supón unha mellora para os veciños, que non terán que agardar anos para cobrar as indemnizacións como acontecía ata o de agora A Deputación contratará un seguro de responsabilidade civil e patrimonial que responderá ás reclamacións relativas ós danos provocados en bens propiedade da institución, incluídos os accidentes de tráfico nas estradas provinciais. A Xunta de Goberno deste venres aprobou o prego de condicións para contratar este seguro ó que se destinan 140.000 euros. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, dixo “que esto supón un avance extraordinario con respecto á situación actual, na que non existía ningún tipo de cobertura para estes casos, o que supoñía un grave quebranto económico para a Deputación”. Gato Soengas sinalou que “co goberno do PP, a Deputación tiña contratada unha póliza que só respondía os danos que sofrise unha persoa allea á institución dentro dos seus edificios. Co goberno actual dase un salto cualitativo, cubrirase a responsabilidade civil e patrimonial en calquera ben propiedade da Deputación, incluídas as vías provinciais”. Indemnizacións por accidentes de tráfico O voceiro socialista dixo que “se xa contásemos con este seguro, quedarían cubertos casos como o do rapaz que quedou tretapléxico nun accidente de tráfico e ó que a Deputación tivo que pagar unha indemnización de 887.856 euros, máis intereses”. Segundo os datos aportados por Antonio Gato, entre os anos 2004 e 2007 a Deputación “tivo que aboar 950.676 euros por reclamacións de particulares por responsabilidade patrimonial en vías da Deputación. Están incluídos os 887.856 aboado ó rapaz que quedou tetrapléxico”. “De 2008 están pendentes de resolución, é dicir que aínda non hai sentenza ó respecto nin favorable nin contraria á Deputación, reclamacións por valor de 1.275.061 euros. Neste cifra está incluído os 1.070.000 euros que reclama un rapaz de 19 anos que quedou cunha minusvalía do 96% por un accidente ocorrido nunha estrada provincial de Paradela”. O acordo adoptado hoxe “supoñerá un importante aforro para as arcas provinciais, pero tamén pretendemos mellorar o sistema”. Neste senso, apuntou que “en canto entre en vigor a póliza, farase un estudo das reclamacións, e se é evidente que o demandante ten a razón instarase á aseguradora para que pague con rapidez e que os veciños non teñan que agardar anos para recibir esa indemnización”. Precisamente, Gato Soengas deu conta hoxe de dous novos personamentos da Deputación en recursos contenciosos administrativos por reclamacións de responsabilidade patrimonial. Os dous son por atropelos de corzos en vías provinciais. As indemnizacións reclamadas suman os 1.284 euros. Outros acordos da Xunta A Xunta de Goberno tamén aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán na contratación da adquisicón do equipamento para as bombas nodriza do Consorcio Provincial de bombeiros, que conta cun presuposto de 33.200 euros. Por outra banda, acordouse a adquisición de terreos para a reparación de 250 metros dun treito da estrada E.P-0101, de Gontán a Ferreira do Valadouro, logo de que se producise o derrubamenteo de 20 metros de parte da plataforma no punto quilométrico 24 desta vía. “A opción máis económica e segura pola que se optou foi ensanchar a estrada, o que requiría o desmonte dos terreos. Os propietarios das 3 parcelas afectadas mostraron a súa disposición favorable a traspasar estes terreos á Deputación, que lles aboa un total de 4.750 euros”. Segundo sinalou Antonio Gato, xa se realizaron os traballos de desmonte, e estímase que nun prazo aproxim ado dun mes estean rematados os traballos.