Deputación de Lugo

Gómez Besteiro explica os 3 millóns de euros que a Deputación inviste en Carballedo

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación pecha o Plan de Obras do canon das dúas primeiras anualidades deste municipio que ascende a 387.398 euros e está destinado á rexenaración de vías rurais

O organismo provincial executará con fondos propios a mellora da CP 3208 de Seoane por Cinsa a Pol, en Monforte de Lemos O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, continuou este mércores, tal e como estaba previsto, a rolda de entrevistas cos Alcaldes dos 15 Concellos afectados polo canon hidroeléctrico que non contan con senteza favorable. Onte Gómez Besteiro pechaba as obras correspondentes ós plans 2008-2009 de Negueira de Muñiz e hoxe fíxoo co rexedor de Carballedo, Julio Yebra Pimintel. O investimento que realizará a Deputación en Carballedo -Concello gobernado polo PP- correspondente ó canon hidroeléctrico suma 581.098 euros. Para saldar a débeda do canon, o organismo provincial realizará neste municipio dentro das dúas primeiras anualidades obras por valor de 387.398 euros. É o décimo terceiro acordo que o Presidente da Deputación pecha dende que iniciou os contactos cos Alcaldes dos municipios afectados polos encoros no mes de setembro, á marxe de Chantada. Gómez Besteiro destacou que o sinxelo era enconderse en que outros Concellos non tiñan unha sentenza favorable, pero quixemos cumprir tamén con eles. Durante máis dun ano traballamos neste tema e antes de que remate o 2009 deixarémolo zanxado. Son uns cartos moi importantes que reciben os Concellos, tendo en conta que debido á crise os ingresos do Estado se van a reducir nun 22%. Ademais é un investimento que non se perde, xa que isto é como unha póliza de crédito, a medida que se vaia gastando vamos descontando. Mellora de vías rurais Na reunión que Gómez Besteiro mantivo co rexedor de Carballedo, o máximo mandatario provincial pechou as obras que se executarán neste Concello con cargo ó canon, e que van destinadas fundamentalmente á rexeneración de vía rurais. O rexedor municipal agradeceu a visita de Gómez Besteiro, xa que é a primeira vez que un Presidente da Deputación se achega a Carballedo para coñecer a realidade deste Concello e para dar o pistoletazo de saída ó canon. Os equipos anteriores do organismo provincial fixeron o imposible por non executar a sentenza de Chantada. Nós notamos que houbo un cambio con este Presidente. De tódolos xeitos, o importante é que as obras do canon se van poñer en marcha, o que lle vai axudar a Carballedo a continuar pola senda do éxito. Na que foi a súa primeira visita oficial a este municipio, Gómez Besteiro tamén destacou o importante esforzo inversor que está a realizar a Deputación neste Concello que, xunto co canon, ascende a 3 millón de euros. Este investimento é o resultado de actuacións que se inclúen dentro do mantemento dos 93,52 quilómetros da rede de estradas provinciais deste municipio, do Plan de Comunidades Veciñais ou do Fondo Extraordinario que complementou con 4% ó Plan E de 2008 do Goberno Central. Asimesmo, a través de SUPLUSA o organismo provincial crea solo industrial neste municipio. O polígono ten un investimento de 2,2 millóns de euros e unha superficie de 139.000 metros cadrados. Acondicionamento dunha estrada en Monforte O Presidente da Deputación tamén se desprazou ata Monforte de Lemos, onde visitou a estrada provincial CP 3208 de Seoane por Cinsa a Pol, que será acondicionada polo organismo provincial. Os traballos afectan ó treito comprendido entre o punto quilométrico 0,000 ó 4,230. Teñen un investimento de 643.562 euros e un prazo de execucion de 3 meses. Esta obra xa foi adxudicada na Xunta de Goberno do 6 de novembro a Taboada e Ramos e será executada con fondos propios. Os traballos inclúen o afirmado, drenaxe e ancho da plataforma, e aplicación de aglomerado en quente. A Deputación paga o 100% da obra, o que representa un claro exemplo do grande esforzo inversor que estamos a facer para mellorar a rede viaria provincial, tendo en conta que o organismo provincial ten 4.000 quilómetros. Gómez Besteiro tamén se entrevistou cos veciños da parroquia de Moreda, onde a Deputación mellorou o porche do local social desta parroquia dentro do Plan de Comunidades Veciñais do ano pasado.