O responsable da Área de Cultura da Deputación inaugurou a exposición de Picasso, Miró, e Clavé no Museo do Mar
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3200_1.jpg)
O museo do mar de San Cibrao acollerá ata o 18 de xuño unha exposición con obras de Picasso, Miró e Clavé. Esta exposición foi inaugurada polo responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro. Esta exposición amosa a obra de tres grandes mestres de recoñecido prestixio a nivel mundial, Pablo Picasso, Antoni Clavé e Joan Miró. Máis de unha ducia de obras compoñen esta exposición que é un verdadeiro luxo que terán a oportunidade de visitar todos aqueles que se acheguen ao Museo do Mar de San Cibrao. No acto de inauguración o responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo,Antonio Veiga Outeiro remarcou o empeño da área de Cultura por descentralizar a actividade da Rede Museística e achegar a arte aos veciños e veciñas das distintas comarcas de Lugo. Veiga salientou a calidade desta mostra Neste caso achegámonos a artistasdunha alta calidade que xa teñen un oco e un nome propio indiscutible no panorama artístico mundial. Picasso, Clavé e Miró son unha boa mostra do mundo artístico catalán, uns por nacemento e outro por adopción, o que mostra a riqueza cultural dun país como é o catalán.