Deputación de Lugo

A EXPOSICIÓN OS SANTOS: TRECE EPÍGONOS INAUGUROUSE HOXE NA SALA 25 DO MUSEO PROVINCIAL

A serie Epígonos de Bernardo Tejeda recolle a última produción do artista

A mostra que foi inaugurada polo propio autor e pola directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, permanecerá aberta, desde o 7 de novembro ao 28 do mesmo mes. A serie EPÍGONOS recolle a última produción do artista Bernardo Tejeda. Nela enfróntasenos ao ser humano, ao home, ao corpo, dende a perspectiva do excepcional. Para iso xóganse as cartas da arte. Úsanse de forma consciente recursos clásicos vixentes dende o Renacemento á hora de abordar formalmente a representación, enlazados con medios propios do estado actual da tecnoloxía, co obxectivo de cuestionar ó espectador a través da emoción. Bernardo Tejeda é un artista sobradamente coñecido en Lugo e no propio Museo, onde xa participou na exposición colectiva Ars Moenia que viaxou por diferentes partes do estado e que organizou o Museo Provincial. O artista preséntanos unha obra en proceso con certas influencias minimalistas. Con cada serie que comeza Bernardo Tejeda (1957) traza os novos límites dun mapa no que conflúen as súas reflexións. Estas preocupacións, ocultas no transfondo conceptual das súas fotografías, esculturas ou instalacións, convídannos a pensar na fina fronteira que separa ao artista da súa creación, coma se estivesen nun permanente non-lugar, no que só existen ambos. Resulta paradoxal que aluda ao non-lugar na obra de Bernardo Tejeda, quen constrúe a súa obra como unha sorte de arquivo das súas vivencias, matizadas alegoricamente nas súas representacións. Un non-lugar defínese como un espazo do anonimato, de espera, de tránsito... un espazo sen identidade, no que nos desinhibimos e contemplamos. No anonimato do non lugar é onde se experimenta solitariamente a comunidade dos destinos humanos, escribe Marc Augé, e isto é precisamente o que evoca a obra de Bernardo Tejeda, tan referencial e ao tempo tan anónima. A mutación permanente que representa nas súas pezas, descontextualizadas, íntimas, adquire unha presenza máxica na sala de exposición, detida. Alí, os obxectos tórnanse metáforas da realidade, apuntando a esa ambigüidade e xogo de contrarios no que se sitúa o seu traballo máis alegórico. As coordenadas espazo e tempo están presentes na obra deste artista. Desde os seus comezos desenvolve o seu traballo en ciclos interdependentes, en constante tránsito, que conflúen nun momento do discurso. A mediados da década de 1990 coñecín a súa serie Tóxicos, o seu Menciña Bermella: dúas instalacións, unha en Vigo e outra en Santiago, que nos obrigaban a transitar entre ambas por estrada e experimentar unha sorte de deslocalización alentada polo movemento implícito á instalación. O artista creaba o espazo, ofrecendo unha alternativa á dualidade tradicional da obra que sae do estudo do para exhibirse publicamente, alienada, nun espazo museístico. No ano 2002, Menciña Bermella reapareceu no Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo), insistindo no carácter diacrónico de cada serie que nace. Tóxicos agrupa moitas das características que van definir os seguintes traballos de Bernardo Tejeda, como a factura minimal e as constantes referencias á memoria individual. é, quizais, a súa serie máis coñecida en Galicia, e a que entronca coa metafísica ontolóxica que se rastrexa no corpus artístico desenvolvido nos últimos anos. Despois de Tóxicos viñeron Anamnesia e Practicables, sempre entrelazadas, como un mosaico que adquire determinada connotación na interconexión. Recordemos a Rilke cos seus versos, Detrás da última palabra está o que non se pode dicir Non describe a relación suxeito-obxecto que nos transmite Bernardo Tejeda constantemente ao colocar un obxecto nun non espazo, descontextualizándoo, o espectador adquire a posibilidade de imaxinar. Un bo exemplo son as fotografías da súa serie Practicables (exposta durante o mes de maio na Galería Magatzems d´Art, Valencia), á que pertencen os primeiros planos de calzóns ou o autorretrato que acompaña a este texto. Móstrannos a imaxe como realidade por si mesma, a construción como produción de simulacros. Aínda que, recordemos, a fotografía nunca se detén na imaxe. Neste ano 2008 a serie Os santos: trece Epígonos a última creación do artista recala no Museo provincial para desfrute do público lucense. CURRICULO DO ARTISTA: BERNARDO TEJEDA. A Havana, Terra Chá, 1957 EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS: 2008 “Os Santos: 13 Epígonos” Museo de Lugo. 2005 Cinco Camas, Galería Sargadelos, Santiago. Cinco Camas, Galería Magatzens d’Art, Valencia. 2004 Cinco Camas, Galería Clérigos, Lugo. Cinco Camas, Festival Agroerotic, L’Alcudia, Valencia. 2002 Menciña Vermella, Museo do Castro de Viladonga, Xunta de Galicia, Castro de Rei, Lugo. 2000 La Prohibición: Inflexión, Galería Claramunt, Barcelona. 1999 La Prohibición: Progresiones, Galería Clérigos, Lugo. La Prohibición: Punto Inercial, Galería Punto, Valencia. 1998 Equipaje, Caja Ahorros del Mediterráneo, Valencia. Medicina Roja, Espais d’Art Contemporani, Gerona. Practicables, Pazo de Mariñan, Diputación de A Coruña. Medicina Roja, Galería El Diente del Tiempo, Valencia. 1994 Menciña Vermella, Galería Sargadelos, Santiago. Menciña Vermella, Galería Ad Hoc, Vigo. Tóxicos, Galería Canem, Castellón. 1992 Tóxicos. Galería El Diente Del Tiempo, Valencia. EXPOSICIÓNS COLECTIVAS: 2008 “Der Diskrete Charme der Technologie”, ZKM, Center for Art & Media, Karlruhe, Alemania. “El Discreto Encanto de la Tecnología”, MEIAC, Badajoz. 2007 “Abertal”, Museo de Lugo. 2006 lX Mostra de Arte Unión Fenosa, A Coruña. “TRAVELLINGART: The American Tour”, UW-Washington Country, Washington, USA. 2005 “ARS MOENIA” Deputación de Lugo. 2004 “ARS MOENIA, Obra Actual no Museo de Lugo”, Centro Puerta de Toledo, Madrid. “ARS MOENIA, Obra Actual no Museo de Lugo”, Ateneo Cultural “El Abéitar”, Universidad de León. 2003 “TRAVELLINGART: The American Tour”, Millwaukee, USA. 2001 ”ART A L´HOTEL” Galería Claramunt, Valencia. VI Mostra de Arte Unión Fenosa, A Coruña. “Por un Tempo de Aquí, a Tres”, Castro de Rei, Lugo. 1999 VI Mostra de Arte Unión Fenosa, A Coruña. 1998 Un año de Posdata, Diario Levante, Valencia. 1997 Festimad, Circulo de Bellas Artes, Madrid. 1996 Ningún Vecino en Nuestra Almohada, Universidad Lanzarote, Canarias. Miliminimos, Universidad de las Palmas, Canarias. Expanded Collage, Centro de Cultura Contemporánea L´Angelot, Barcelona. 1995 Cambio de Tercio, Galería El Diente del Tiempo, Valencia. 1994 Escrituras Nómadas, Museet for Samtidskunst, Roskilde, Dinamarca. 1993 Bienal de Escultura de Mislata, Primer Premio, Centro Cultural, Valencia. 7+1=7, Galería El Diente Del Tiempo, Valencia. 1992 Entre Tiempos, Galería Trayecto, Vitoria. 1991 CCCC5S, Itinerante, Comunidad Valenciana. 1986 Fotògrafs Joves Valencians, C, C, Bancaixa, Generalitat Valenciana. Intercity Madrid-Valencia, Sala Amadís, Madrid. A partir de 1996 participou en eventos internacionais como ARCO, FIAC, ART COLOGNE ou CHICAGO ART FAIR.