Gandeiros e autoridades de Brasil interésanse polos Centros de Recría da Deputación
ponsables provinciais e de ACRUGA acompañaron á comitiva oficial, na que tamén participaron medios de comunicación internacionais e técnicos de xenética Logo de ser aprobado polo Concello e de que non tivese ningún tipo de alegación, o proxecto do Centro de Recría leva dous meses na Consellería de Urbanismo, que é quen debe dar os permisos para comezar as obras Explotacións gandeiras brasileñas están a levar a cabo un proxecto piloto baseado no cruce de raza rubia galega coa frisona para mellorar a produción cárnica A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Deputado de Gandeiría, José María Arias, a Concelleira de Castro de Rei, Ana Canto, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, participaron este mércores na visita que realizaron á Granxa Gayoso Castro autoridades, gandeiros e medios de comunicación de Brasil. O motivo da mesma, que estivo organizada por GMG -grupo líder en Brasil na comercialización de xenética de rubia galega e frisona-, é coñecer as distintas iniciativas que o organismo provincial ten en marcha para impulsar o sector agrogandeiro en xeral e de extrapolalos ó seu país, xa que GMG está a levar a cabo un importante proxecto para liderar a produción láctea no estado brasileño de Río Grandal do Sur. En definitiva, o que buscan é cruzar a raza rubia galega coa frisona para crear un sistema alternativo e complementario para mellorar a produción cárnica. Neste senso, os gandeiros amosaron o seu interese fundamentalmente polo Centro de Recría de Gando frisón que o organismo provincial construirá este ano na Granxa Gayoso Castro, e que será o primeiro centro de recría público de Espana, ademais do Centro de Raza de Rubia Galega que leva funcionando no mesmo lugar dende 2007. A Vicepresidenta Segunda subliñou que é un motivo de satisfacción saber que administracións e gandeiros doutros países se fixan nos proxectos que estamos a levar a cabo dende a Deputación para facer máis competitivo este sector e nos que somos pioneiros. Un exemplo é o Centro de Recría que imos construir na Granxa, no que investiremos 12 millóns de euros, e nace coa vocación de ser un referente non só a nivel galego e no noroeste peninsular, senón como puidemos ver hoxe, incluso a nivel internacional. A este respecto, Lara Méndez explicou a situación na que se atopa o proxecto, que é a iniciativa agrogandeira máis revolucionaria levado a cabo nas últimas décadas en Galicia. Logo de ser aprobado polo Concello de Castro de Rei e de que non tivese ningún tipo de alegación, leva dous meses na Consellería de Urbanismo, que é quen debe dar os permisos para comezar as obras. O prazo fixado no que a Xunta debe contestar é de 3. Estamos á espera de que a administración autonómica actúe coa máxima celeridade porque na Deputación queremos que o Centro, que vai ser revolucionario no sector, se constrúa canto antes. O outro proxecto no que a Deputación tamén está inmerso é na mellora da expansión de raza rubia galega, dentro do convenio de colaboración subscrito nada máis chegar ó goberno da Deputación para expandir e mellorar xeneticamente a raza con ACRUGA. A Deputación, neste caso, achega 150.000 euros, o que supón unha aposta única dunha Deputación en España nun Centro de Recría. A nave albergará a máis de 200 xovencas e, en total, investirase na súa construción 417.347 euros, que serán financiados integramente polo organismo provincial. José María Arias subliñou que en Brasil a rubia galega está extendida. Intentan, a parte de manter a raza, facer o cruce con frisón e que dá exemplares con mellores aptitudes para o seu desenvolvemento. Os animais recríanse en menos tempo e a produción láctea aumenta. Ademais, diminúen os custes de produción cárnica, polo que este proxecto e as 200 xovencas serven para que incluso poidan ser exportadas a Brasil en gandeirías que se están implantando de novo. Na visita, que estivo organizada polo director comercial de GMG, Eduardo Grandal, participaron unhas 30 persoas, entre as que destacan o Director da Federación de Traballadores de Agricultura, agrupación que na actualidade conta con 300.000 asociados en Brasil; e as cooperativas Cosuel, que se adica á produción de leite e porco e da que viven unhas 6.000 familias, e Languiru, a derivados lácteos e á produción avícola. Outro proxecto de cruce da raza galega coa autóctona Dende 2007 explotacións gandeiras de tres Estados brasileños diferentes: São Paulo, Goias e Mato Grosos, están empregando, en colaboración con ACRUGA, semen de raza rubia galega como raza paternal para o seu cruce coa autóctona brasileña, a nelore, por medio dun grupo empresarial denominado Pão de Azúcar, que conta con máis de 600 centros comerciais distribuídos por todo o país. A través deste sistema e logo de que a comercialización de semen de rubia galega e de que as relacións con ACRUGA comezaran hai unha década, GMG hai 5 anos chegou ás 20.000 cabezas. Nestes momentos, contan con 60.000 reses cruzadas e, en 2011, agardan chegar máis de 100.000. Grandal sinalou que é un proxecto que se vén desenvolvendo dende hai anos. Xa foron de Galicia para o noso país máis de 300.000 doses de semen. Temos un programa de produción de carne para incremeantar a súa calidade e o crecemento dos produtores, aumentando os seus ingresos. Na visita, ademais de Eduardo Grandal e das duas cooperativas, tamén participaron os directivos e veterinarios especializados no programa de mellora xenética, así como o Deputado e Presidente da Comisión de Agricultura Agropecuaria e Cooperativista do Estado, o reitor da Universidade brasileña e os Alcaldes de Colinas, Santa Clara do Sur, Westfalia, Arroyo do Medio e Antagorda, ademais do Presidente da Cámara, Industria e Comercio da rexión de Valdo do Acuarel, ademais da entidade bancaria máis importante do estado de Río Grandal do Sur, Sicredi.