Deputación de Lugo

O Presidente reencontrouse con 500 emigrantes lucenses
no derradeiro acto na Arxentina

Os lucenses demandaban desde hai anos a atención da Deputación, a única galega que non mantiña relacións coa emigración.

O Presidente asina un convenio pioneiro co Banco da Nación arxentina para a consolidación e creación de empresas de lucenses. Gómez Besteiro comeza este venres a súa apretada axenda institucional en Venezuela. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, reencontrouse coa emigración da provincia nun emotivo acto no que 500 lucenses encheron o pavillón do Centro de Galicia. Ata alí desprazáronse veciños de toda a provincia para falar co primeiro Presidente da Deputación de Lugo que os visita. Co cumprimento do que Gómez Besteiro consideraba “outra débeda histórica da Deputación de Lugo: a falta de atención ós lucenses que residen no exterior”, concluiu a visita institucional á Arxentina. Durante máis de 3 horas, Gómez Besteiro puido presentarlles ós lucenses os proxectos provinciais e agradecerlles o esforzo e sacrificio personal que fixeron desde a emigración pola provincia de Lugo. No acto multitudinario, tamén estiveron presentes numerosos representantes da sociedade arxentina como o Ministro-Conselleiro da Embaixada Española, o Presidente da Federación de Sociedades Españolas de Arxentina ou da Asocación Galega de Empresarios. Convenio pioneiro co Banco da Nación A Deputación de Lugo é a primeira administración española que asina un convenio co Banco da Nación arxentina deseñado para a creación e consolidación de empresas de lucenses no país de destino, a diferenza doutros acordos económicos que sen embargo teñen como fin o retorno dos emigrantes a España. Tanto o Presidente da Deputación como o Presidente do Banco, Matías Kulfas, destacaron esta peculiaridade “ya que estamos contribuyendo a crear riqueza en Argentina y para los españoles”, explicou Gómez Besteiro. A sinatura deste convenio de colaboración tivo lugar na sede do Banco da Nación con toda a directiva, así como responsables de PEMES do Goberno arxentino. O Presidente desprazouse de madrugada á Venezuela, onde este venres comezará a súa axenda institucional na Cámara de Comercio Hispano-Venezolana. O sábado contempla os seguintes actos: SÁBADO 13 DE SEPTIEMBRE DE 2008 9:00-11:00 h Visita a la Fundación España Salud. Lugar: Sede de la FES. 12:00-13:00 h Entrevista en el programa Radial Españoles en el Mundo (con Susana Dobarro). Lugar: Emisora de Radio Venezuela (torre KLM). 13:00-13:30 h Entrevista para el periódico El Nacional con Manuel Felipe Sierra. Emisora de Radio Venezuela (torre KLM) 14:00-16:00 h Almuerzo con la Directiva de la Hermandad Gallega de Caracas. Lugar: Hermandad Gallega de Venezuela. 16:00-17:00 h Reunión con la Directiva de la Hermandad Fillos de Lugo. Lugar: Hermandad Gallega de Venezuela.