Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación presenta ó Ministro de Turismo de Uruguai o proxecto de certificación medioambiental
da costa lucense, único en Europa

A xornada no Uruguai rematou co encontro de Gómez Besteiro con dous ministros e co alcalde de Montevideo, que goberna o 60% da poboación de todo o país e que modificou a súa axenda para entrevistarse co Presidente.

Lugo e Uruguai serán socios en proxectos de novas tecnoloxías dirixidos ó rural da nosa provincia, unha área na que os uruguaios son punteiros. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou ó Ministro de Turismo de Uruguay, Héctor Lescano, o proxecto de certificación medioambiental de praias da costa lucense, un asunto no que este país iberoamericano está a ser pioneiro no mundo. Gómez Besteiro quere implantar esta certificación medioambiental na Mariña lucense, o que a converterá na primeira de Europa, lle aportará prestixio turístico e notables beneficios económicos. A certificación medioambiental de praias é unha aposta persoal do Presidente, na que leva tempo traballando a Deputación de Lugo coa fin de abrir un novo mercado para a Mariña Lucense. “A Deputación encabezaría este proceso no que están implicadas varias administracións pero no que son fundamentais os municipios”, adiantou Gómez Besteiro. Esta denominación implica incorporar servizos novidosos nos areais que atendan á satisfacción integral dos bañistas, a capacitación dos recursos humanos e, sobre todo, á protección do medio ambiente. A certificación programa prácticas axeitadas que promovan o uso sostible dos recursos naturais e das actividades que se celebran nas praias. Pero os grandes beneficios, ademais dos medioambientais, son os turísticos e económicos. A costa de Lugo, con 100 quilómetros de extensión e máis de 70 areais de certa dimensión ten todas as condicións para poder diferenciarse con esta certificación, que supera amplamente as cuestións avaliadas nas Bandeiras Azuis. O asesoramento do Ministro de Turismo de Uruguai é importante para a Deputación porque este país é pioneiro no mundo, con 500 quilómetros de costa certificada. A certificación traduciuse para eles na multiplicación de turistas (dous millóns ó ano), no aumento do turismo de alto nivel económico (250.000 a través de cruceiros) e no reforzamento da súa marca e reputación. Lugo e Uruguai gardan certos paralelismos no tocante ó patrimonio natural, polo que o Presidente tamén fixo partícipe ó Ministro dos proxectos medioambientais máis importantes da Deputación como son “Lug02” –dotado con máis de 4 millóns de euros- e o programa “Km0”. Lugo e Uruguai, asociados nas novas tecnoloxías Gómez Besteiro tamén mantivo unha reunión coa Ministra de Cultura e Educación, Maria Simón. Abriron liñas de colaboración no eido das novas tecnoloxías nas que estará vinculada a Fundación TIC da Deputación de Lugo. “Uruguai é o país con máis éxito nos programas europeos que necesitan socios extracomunitarios. Queremos traballar no uso das novas tecnoloxías no rural, tema no que este país é punteiro, polo que telo como socio é unha garantía” , afirmou o Presidente. Gómez Besteiro anunciou que tamén haberá experiencias de colaboración, xa que Uruguai vai modificar a lei do cine e quere crear unha escola audiovisual, contar co apoio da Escola de Imaxe e Son da Deputación de Lugo e dos seus contactos. Visita a CUTCSA A intensa xornada incluiu unha xuntanza do Presidente e do Deputado Melchor Roel a CUTCSA, a empresa de transporte máis grande de Uruguai e a máis importante dos galegos que viven na América Latina. “Tiñamos unha débeda con vostedes, que lle deron traballo a centos de galegos e de lucenses que viron emigrados”, afirmou Besteiro diante toda a directiva. A axenda foi modificada cando o Intendente de Montevideo, Ricardo Ehrlich, que goberna o 60% da poboacion do país, solicitou entrevistarse esta mesma mañá co Presidente da Deputación. Este mesmo mes o Alcalde de Montevideo comezará a traballar no Museo da Emigración, para o que solicitou colaboración e asesoramento á Deputación. Axenda para mañá: MIÉRCOLES 10 DE SEPTIEMBRE DE 2008- COMIENZA LA VISITA A BUENOS AIRES 10:00 h Visita institucional al Ayuntamiento Vicente López y recepción del Regidor, Enrique García y de su equipo. 11:30 h Recorrido a las instalaciones del Campo-Centro Galicia con los directivos de la Junta Directiva del Centro Galicia. Lugar: Centro Galicia de Buenos Aires - Av. Libertador 2925 – OLIVOS. (A continuación volveremos al centro de Buenos Aires) 13:00-16:30 h Recorrido a las instalaciones del Centro Galicia en la capital y almuerzo en el Centro. A continuación Visita al Colegio Santiago Apóstol del Centro Galicia y encuentro con los estudiantes. Firma en el Libro de Oro. Dirección: calle Paso, 51. 21:00h Cena con la Asociación de Empresarios Gallegos (AEGA).