Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación acorda colaborar coa Presidenta das Abuelas da Plaza de Mayo, nominada
ó Premio Nobel da Paz

A Deputación de Lugo, primeira institución galega que axudará a esta asociación, que busca a 400 nenos secuestrados na ditadura arxentina -a maioría de orixe galego-.

Gómez Besteiro acorda coa Embaixada Española establecer un servizo de información beneficioso para os lucenses emigrados en Arxentina, Uruguai e Paraguai. Hoxe rematará a xornada en Bos Aires cun encontro multitudinario coa comunidade lucense antes de partir este venres cara Venezuela. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acordou coa Presidenta da Asociación Abuelas de Plaza de Mayo, Estela Barnes de Carlotto, facer de enlace en Galicia para que podan cumprir o seu obxectivo: atopar a 400 nenos que foron secuestrados de bebés na ditadura arxentina. A Deputación de Lugo convértese na primeira institución galega que cooperará coas Abuelas da Plaza de Mayo, nominadas este ano ó Premio Nobel da Paz. Dos 400 desaparecidos, o 50% son de orixe español e, deles, a maioría son galegos. Un dos rapaces atopados, símbolo da causa desta asociación, era fillo dun emigrante galego. Sen embargo, as Abuelas de Plaza de Mayo nunca acordaran colaboracións con ningunha administración galega, a diferenza doutras comunidades ou institucións como é a Casa Real española. A situación cambiará a finais deste ano, cando está previsto que a Presidenta poda celebrar o primeiro acto na Deputación de Lugo a invitación de José Ramón Gómez Besteiro. “Queremos invitalas a vir, colaborar con elas en todo o posible porque entre os afectados hai moitas familias lucenses”, afirmou o Presidente provincial. “Lo que estamos haciendo no es de heroínas. Somos madres y abuelas y lo que nos mueve es el amor y orgullo por nuestros hijos”. Con esta frase, a Presidenta resumiu o traballo no que están volcadas desde hai anos e que xa lles permitiu localizar a 95 bebés secuestrados na ditadura. “Estamos luchando en paz. Y estamos orgullosas de ustedes... los que están vivos”, dixo a Presidenta ó Deputado Melchor Roel, supervivinte da ditadura en Uruguai e presente no encontro na sede da Asociación. O Presidente da Deputación iniciou as relacións institucionais coa entrega dun agasallo institucional a Estela Barnes de Calotto: unha xoia elaborada polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, peza que deixou gratamente sorprendida á Presidenta. Acordos coa Embaixada Española Minutos antes deste encontro, Gómez Besteiro entrevistouse co Conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais da Embaixada Española para a Arxentina, Uruguai e Paraguai, Guillermo Hernández. A Deputación e a Embaixada porán en marcha un sistema de intercambio de información de gran utilidade para os lucenses emigrados ou que desexen retornar. Na actualidade 23.500 lucenses residen na Arxentina. A xornada desta mañá rematou cun encontro de traballo na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires. O Presidente da Deputación asinou no Libro de Ouro da institución e mantivo unha reunión con empresarios e responsables do Goberno da provincia de Bos Aires para abrir novos espazos de negocio para Lugo, en concreto, vinculados ó cabalo. A xornada desta tarde rematará coa presentación da programación formativa da Deputación no Banco Nación do goberno arxentino e cun encontro multitudinario coa comunidade lucense que reside en Bos Aires. O venres o Presidente voará para Venezuela, último país da visita institucional. VIERNES 12 DE SEPTIEMBRE DE 2008- COMIENZA LA VISITA A CARACAS 17:30-18:30 h Reunión con el Consejero Laboral y Asuntos Sociales de la Embajada de España en Venezuela, José Francisco Armas. Lugar: por definir. 18:30-20:00 h Presentación de la programación formativa de la Diputación de Lugo conjuntamente con la Asociación de Empresarios Gallegos de Venezuela. Lugar: Cámara Hispano-Venezolana de Industria y Comercio. 20:00-21:00 h Reunión con el Cónsul General de España en Venezuela. Lugar: por definir.