Deputación de Lugo

O espectáculo Maxia nas Comarcas achégase a Chantada da man da Área de Cultura da Deputación de Lugo

Imaxe deputación de lugo
O Mago Antón, acompañado de outros cinco magos de primeira liña, levará o mundo da maxia pola comarcas de Lugo durante este verán

A función de maxia terá lugar ás 22:30 horas na praza de Galiza de Chantada. A área de cultura da Deputación de Lugo, dependente da vicepresidencia primeira, patrocina o espectáculo Maxia nas Comarcas. Esta función de maxia, deseñada polo Mago Antón, conta coa participación de 6 magos galegos e lucenses que durante máis de hora e media ilusionarán ao público asistente. Maxia nas Comarcas é unha das actividade programadas pola área de cultura da Deputación que teñen por obxectivo descentralizar a actividade cultural e achegala a os 67 concellos de Lugo.