Deputación de Lugo

O vicepresidente primeiro da Deputación foi nomeado cabaleiro da serenísima Orde da Alquitara

Imaxe deputación de lugo
Antón Bao recibiu este nomeamento dentro dos actos de celebración da XXXIX edición da festa da augardente de Portomarín

Portomarín celebrou a XXXIX edición do Día da Augardente na que participaron varios colleiteiros que acenderon as súas alquitaras ás dez da mañá dunha xornada na que destilaron preto de 2000 litros de augardente de elaboración artesanal. Entraron a formar parte da Orde Serenísima da Alquitara un total de doce persoas. Entre elas foi nomeado cabaleiro o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao. Pola tarde reuniuse, na casa da cultura o cabildo xeral da Orde Serenísima da Alquitara na que se nomearon a oito novos cabaleiros e a catro novas damas. Tras o pregón os novos cabaleiros e damas participaron na cata da augardente nos soportais da casa consistorial coa posterior entrega de premios. Os produtores de augardente premiados foron as seguintes adegas e nesta orde do quinto premio ao primeiro: Adega Moreiras, Adega Mañana, Adegas Barco, Adegas Pireiro e Adegas Portomarín. Actuou, como xa fixera pola mañá, a banda de Taboada e a agrupación cultural Rio Miño. A xornada pechouse cunha verbena na que o concello ofreceu unha queimada aos asistentes. Damas e cabaleiros Nesta edición foron doce as persoas que ingresaron na Orde Serenísima da Alquitara. Ademais do vicepresidente primeiro de la Deputación de Lugo, Antón Bao, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, a parlamentaria Raquel Arias; os alcaldes de Sarria e a Pobra de Brollón, Claudio Garrido e José Luis Maceda; o deputado Agustín Baamonde; o escultor Luciano Pazos; a investigadora da estación enolóxica de Leiro e autora dunha tese sobre a augardente, Sandra Cortés; o empresario sarriano Raúl López; o secretario do PP de Galicia; a xefa de explotacións agrarias, Marisol Barreiro, e Estrella Pardo Fernández.