Deputación de Lugo

A Deputación investiu máis de 5 millóns de euros en expropiacións, converténdose na primeira de Galicia

Imaxe deputación de lugo
Co actual equipo de goberno dende setembro de 2007 tramitáronse no Xurado 1.521 expedentes de fincas, pertencentes a estradas de 36 Concellos, a maior parte do Partido Popular

Manuel Martínez subliña que “a xestión do anterior equipo de goberno fixo que tivesemos que pagar preto de 150.000 euros en intereses de obras que correponden algunhas a hai 8 anos” Esta cantidade é resultado da boa xestión da actual Deputación, xa que a media de proxectos de obra tramitados antes polo Xurado de Expropiacións de Galicia era de algo máis da decena ó ano e, na actualidade, supérase a trintena A Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, anuciou este xoves que o actual equipo de goberno leva investidos dende setembro de 2007 un total de 5.030.526 euros en expropiacións por obras en estradas provinciais. Martínez subliñou que “este era un servizo que o Partido Popular tiña bloqueado, que funcionaba a estilo compadre baseado en acordos verbais cuns e con outros. Se daquela tramitaban entre 10 e 15 proxectos de obra ó ano, nós duplicamos pasando a 31”. Trátase dunha cantidade histórica e resultado dunha boa xestión protagonizada polo actual equipo de goberno, o mesmo que soubo aforrar para pagar as grandes débedas históricas e o mesmo que foi capaz de poñer en marcha un Plan de Obra Pública de 60 millóns de euros sen necesidade de recurrir a operacións de crédito nin a financiamento externo, ó dispoñer totalmente dos cartos. Neste senso, o Deputado provincial apuntou que “ademais estamos pagando en tempo e prazo. Hai que ter en conta que tivemos que pagar obras que tiñan un valor estimado de 200.000, pero que por non estar en posesión dos terreos a expropiación váisenos a preto de 500.000 euros. Isto é un despropósito e é un claro exemplo de que facía o Partido Popular”. Con estas cifras, a de Lugo é a Deputación que máis expropia de Galicia. Dende 2008 enviáronse 1.521 fincas ó Xurado de Expropiacións, das que 682 corresponden a 2008, 368 ata xuño de 2009 e 471 dende esta data ata o día de hoxe. “Estes máis de 5 millóns de euros corresponden a 67 obras que afectan a Concellos de todas as cores políticas. Son cantidades importantes que rondan os 500 expedentes de fincas anuais. Dos 36 municipios nos que expropiamos 23, é dicir máis da metade, son do Partido Popular. É dicir, de cada tres obras, dúas fanse en Concellos do PP”. Os municipios nos que o organismo provincial realizou trámites expropiatorios foron: Foz, Ribas de Sil, Chantada, Carballedo, Taboada, Vilalba, Saviñao, Cervo, Castroverde, Pontenova, Barreiros, Cospeito, Meira, Pastoriza, Ribeira de Piquín, Lourenzá, Cervantes, Lugo, Muras, Portomarín, Friol, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Valadouro, Navia de Suarna, Abadín, Paradela, Antas de Ulla, Incio, Trabada, Sarria, Castro de Rei, Corgo, Folgoso do Courel, Páramo e Xove. Preto de 150.000 euros en intereses O responsable provincial subliñou que durante anos o Partido Popular adxudicou obras a empresas sen dispoñer dos terreos. “Esta mala xestión obrigounos a pagar preto de 150.000 euros en intereses de obras que correponden ós anos 2002 (2), 2004 (14), 2005 (23) e 2006 (13). A xestión económica do actual equipo de goberno marca un antes e un despois na utilización dos recursos na Deputación”. Asimesmo, destacou que, ademais do Concello de Lugo, por ser o municipio co maior número de habitantes, donde máis investiu o organismo provincial foi en municipios pequenos como os de Friol ou Lourenzá. “Por exemplo na estrada de Toda de Castilla a Castelo, en Lugo, pagáronse 314.664 euros, unha obra que podía estar executada e da que poderíamos aforrar os cartos da expropiación. Pero existen outras, que malia que pertencen a Concellos máis pequenos, sen embargo a cuantía foi moi semellante á que lles comentaba. É o caso da CP 5101 que dá acceso ó parque empresarial de Friol. A expropiación superou os 267.000 euros”. Martínez tamén destacou a estrada de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá, con 196.213 euros, ou a de Seoane do Courel a Hospital con 173.429 euros. “Esta é unha vía que, ademais, por esta mala xestión anterior, temos que saneala cada ano, o que nos supón un custe anual de 50.000 euros”.