Deputación de Lugo

A Deputación pon a disposición de Fomento un itinerario alternativo para o treito cortado da N-540 en Guntín

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial colabora co Ministerio e habilita dous treitos da CP 1611 que conectan A Veiga con Maceda e Friol

A Deputación provincial está a colaborar co Ministerio de Fomento nos traballos de estabilización da N-540 no Concello de Guntín logo do derrumbamento da ponte que atravesa esta estrada, e que obrigou o corte do vial no punto quilométrico 18. Deste xeito, o organismo provincial puxo a disposición do departamento estatal un itinerario alternativo que dá solución de forma provisional ás dificultades de tráfico na zona. O organismo provincial habilitou dous treitos da CP 1611, coñecida como o cinturón comarcal, que conectan A Veiga con Maceda e Friol. Desta forma, os usuarios da N-540 dispoñen dun itinerario alternativo, e debidamente señalizado, para circular pola zona con todas as garantías de seguridade. O Ministerio de Fomento e a Deputación provincial traballan de forma conxunta para ofrecer coma máxima axilidade rutas alternativas os viandantes, e que favorezcan a normalidade do tráfico na zona. A N-540 é un vial moi transitado xa que une a provincia lucense con Santiago e Ourense.