Deputación de Lugo

PRESENTOUSE NA DEPUTACIÓN O XII TORNEO DE GOLF
DEPUTACIÓN DE LUGO

Esta competición celebrarase o próximo 25 de outubro, sábado, nas instalación do Club de Golf Lugo

Desde o ano 1997, e durante 12 anos consecutivos, a Deputación vén colaborando na organización dun torneo de golf anual que leva o seu nome O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou esta mañá a duodécima edición do torneo de Golf Deputación de Lugo. O torneo, que vén coincidindo co peche da tempada oficial de competicións do Club e que normalmente se celebra no mes de outubro, pasadas as festas do San Froilan, adoita atraer a xogadores de todos os puntos de Galiza, Asturias, León e dalgún outro punto do estado español. Aínda que na súa maioría os participantes son de Lugo (socios do Club de Golf de Lugo e dos outros clubs da provincia como Augas Santas de Ferreira de Pantón, O Alicerce de Sarria, Río Cabe de Monforte de Lemos e Golf Balneario Guitiriz). No acto de presentación o vicepresidente primeiro da Deputación estivo acompañado do Presidente do Club de Golf de Lugo, Victoriano Azcarraga Salvadores, e do Conselleiro do Club de Golf de Lugo, Jesús Castro. Antón Bao recoñeceu a laboura do Club de Golf de Lugo á hora de organizar eventos, máis de medio cento para este ano 2008, e a importantísima labor que están a facer dende a escola infantil de golf na que todos os rapaces poden participar por un módico prezo aínda que non sexan socios do clube. Bao destacou a importancia de promocionar o deporte de base nas distintas disciplinas para proxectar a deportistas lucenses que están a acadar certa relevancia, neste caso no panorama golfístico, como é o caso de Katia Fernández López. O torneo disputarase sobre un percorrido de 18 buratos (2 voltas ao campo lucense de 9 buratos), baixo a modalidade Stableford Individual. Modalidade de xogo por golpes na que cada xogador recibe os seus puntos de hándicap nos buratos máis difíciles do percorrido e puntúa segundo o resultado en cada burato, cun límite de golpes en cada burato determinado polo par do burato o e o seu hándicap. Os participantes dividiranse en dúas categorías en función do seu hándicap, establecerase un corte nun determinado hándicap, para que en ambas as categorías participen os mesmos xogadores, é dicir, a metade dos xogadores con hándicap máis baixo participarán en 1ª Categoría e a outra metade, hándicaps máis altos, participarán na segunda categoría. Ademais establecerase unha categoría Scratch, na que participarán todos os xogadores, e da que sairá o gañador absoluto do torneo que será aquel que consiga facer o percorrido no menor número de golpes brutos (sen ter en conta o hándicap). PREMIOS E PROGRAMA DO TORNEO Os premios da proba serán para o primeiro clasificado scratch e os tres primeiros clasificados de cada categoría hándicap. Ao finalizar a entrega de premios realizarase un sorteo de agasallos entre todos os participantes. Quedarán excluídos do sorteo os xogadores que non estean presentes no acto e os premiados por clasificación. Todos os premios e agasallos do sorteo consistirán en material deportivo para a practíca do golf. A inscrición para o campionato está aberta desde o sábado, 18 e pecharase o vindeiro venres 24 ás 12.00 da mañá. Poderán participar todos os xogadores afeccionados con licenza en vigor da RFEG. O torneo comezará ás 9.30 horas, coa saída do primeiro partido e prevese que a ultima partida salga ao campo ás 14.30 horas, os horarios de cada xogador poderán ser consultados nos teléfonos arriba indicados o venres a partir das 13:00 horas. A entrega de premios, está prevista que se celebre ao redor das 19.30 horas.