Deputación de Lugo

Unha experta en artesanía de Irlanda visita o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, valora a promoción do CENTRAD fóra de Galicia

A experta en artesanía de Irlanda, Loretta O’Brien, visitou esta mañá ás instalacións do Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo acompañada pola Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez. “Visitas coma esta axudan a proxectar fóra do noso país o traballo desenvolvido nos últimos anos polo CENTRAD” destacou Lara Méndez. A Vicepresidenta Segunda subliñou que “ademais de exportar experiencias tamén podemos importalas. O obxectivo principal é promocionar a nosa artesanía”. Leretta O’Brien é membro do Comité do directivo da Organización Nacional de Deseño e do Desenvolvemnto Económico para a Industria Artesana en Irlanda ( Crafts Coucil of Ireland) que participa na exposición Avantcraft. Loretta O’Brien, que asisitirá mañá á inauguración da mostra na Capela de Santa María, amosou o seu interese por coñecer en persoa o Centro de Artesanía e Deseño, do que tiña moi boas referencias. A representante da artesanía irlandesa visitou a sala de monicreques e o obradoiro de instrumentos. A continuación, percorreu varias salas nas que se expoñen os instrumentos elaborados polos artesáns do CENTRAD. Loretta O’Brien amosouse especialmente interesada polo Organistrum, a réplica do instrumento do Pórtico da Gloria que foi reconstruida nos obradoiros do Centro. Loretta O’Brien fixo un balance moi positivo da visita.